Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vilagarcía achega unha nova quenda de cursos de inclusión e capacitación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vilagarcía achega unha nova quenda de cursos de inclusión e capacitación dixital

S. P.
Publicado: 22/03/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

kit_dixital_vilagarcia_.jpgUnha nova edición dos cursos de Inclusión e Capacitación Dixital impartiranse no centro de Matosinhos ata o mes de novembro por parte da Concellería de Formación e Emprego. Os cursos están encamiñados a calquera persoa de Vilagarcía maior de 18 anos. A participación é de balde e os interesados deben inscribirse de xeito presencial acudindo ao centro de formación de Matosinhos de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. Alí poderán elixir a actividade ou actividades que lle interesen e fixar a súa dispoñibilidade horaria, xa que se farán quendas de mañá ou de tarde en función das necesidades dos participantes.
Estamos a falar de 17 accións formativas diferentes, divididas en cinco bloques temáticos adaptados aos diferentes niveis de coñecemento e manexo das novas tecnoloxías do alumnado. Están pensadas tanto para romper a brecha dixital e facilitar o uso cotiá dos medios dixitais ás persoas que por falta de coñecementos ou medios non saben desenvolverse nelas, como para avanzar máis aló ofrecendo a formación necesaria para a procura e mellora de emprego.
Cristina Parracho, voceira da consultora que imparte os cursos, explicou que os contidos van variando, desta volta a formación complétase co uso dos dispositivos móbiles: “Trátase de que calquera persoa saiba pedir cita no médico a través do teléfono, ou ver o seu expediente médico, ou solicitar un certificado a unha administración, cousas moitas das cales xa só se poden facer de xeito dixital”.
Así, estes cursos están dirixidos ás persoas que carecen de coñecementos e experiencia no uso dos medios dixitais. Inclúe catro cursos básicos que lles permitirán navegar e realizar as tarefas e os trámites máis comúns no día a día: son o curso de Iniciación á informática e internet para adultos; o de Correo electrónico: webmail; o de Seguridade na rede e o de Inclusión dixital en dispositivos móbiles. A primeira das actividades ten unha duración de 30 horas lectivas e as restantes 15.
Alén disto, estas actividades formativas queren avanzar no nivel de coñecemento, con accións que permitirán ao alumnado manexar procesador de textos e follas de cálculo, así como elaborar presentacións en software libre. Os catro cursos que se inclúen impartiranse en nivel de iniciación e nivel avanzado, en función dos coñecementos previos dos asistentes.
As actividades previstas son o curso de Procesador de textos, Folla de cálculo, Elaboración de presentacións e Bases de datos. Todas elas contan con 30 horas lectivas.
Cunha perspectiva encamiñada ao ámbito laboral, o programa inclúe neste bloque temático un curso sobre Redes sociais e procura de emprego e outro sobre Deseño dun perfil profesional. A primeira actividade ten unha duración de 30 horas e a segunda 15.
As persoas que xa operan con soltura cos medios dixitais tamén dispoñen de oferta formativa a través deste programa con cursos como o de Deseño de páxinas web con WordPress, Deseño de contidos interactivos: Canva e Genially; Sincronización de dispositivo de control parental; Retoque fotográfico e Cloud Computing.
Engadir que se inclúe un último bloque temático centrado na administración electrónica mediante o uso das distintas ferramentas que se necesitan. Así, impartirase un curso sobre: Uso do DNI-e/ Chave, PIN, e certificados dixitais e outro sobre Trámites electrónicos e E-Administración. Cun apartado específico destinado á sede Electrónica do Concello de Vilagarcía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?