Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FEUGA convoca un curso de introdución á tecnoloxía da aprendizaxe máquina con Python
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FEUGA convoca un curso de introdución á tecnoloxía da aprendizaxe máquina con Python

S. P.
Publicado: 23/03/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

introducion_machine_learning_feuga.jpgA fundación FEUGA vai organizar un curso de introdución a unha das tecnoloxías da Intelixencia Artificial de meirande proxección nos ámbitos empresarial e investigador: o Machine Learning (Aprendizaxe Máquina ou Aprendizaxe Automática). Porase o foco na aplicación de algoritmos de Intelixencia Artificial para o adestramento de modelos de predición. Segundo informa FEUGA, o ML é unha rama da IA que se centra no desenvolvemento de sistemas capaces de aprender e mellorar automaticamente a medida que se lles presenta nova información. “Na actualidade”, explican fontes da Fundación Empresa-Universidade de Galicia, “o coñecemento do Machine Learning é esencial debido á enorme cantidade de datos dispoñibles e a necesidade de analizalos e obter conclusións útiles a partir deles”.
Este curso ten como obxectivo “introducir os conceptos de Intelixencia Artificial, Machine Learning e Deep Learning e explorar as tres categorías de algoritmos do ML: supervisados, non supervisados e de reforzo. Durante o curso, implementaranse algúns dos algoritmos máis representativos utilizando a linguaxe de programación Python na plataforma Jupyter, incluíndo modelos lineais, modelos baseados en árbores de decisión (incluíndo os máis potentes algoritmos de Gradient Boosting), algoritmos de clustering e redes neurais.
“Aprender sobre Machine Learning”, sinala FEUGA, “permitiranos automatizar a análise de datos, desenvolver sistemas de Intelixencia Artificial avanzados e comprender como funcionan os algoritmos de aprendizaxe automática”. Estas habilidades, engade a fundación, “son fundamentais para unha ampla variedade de eidos, como a economía, a medicina, a industria e a tecnoloxía”. Este curso “daranos unha vantaxe na nosa carreira e permitiranos manternos actualizados nun eido de actividade en constante evolución”, explica FEUGA.
O curso desenvolverase por vídeo-conferencia en tempo real. A duración será de 24 horas. Celebrarase os días 18, 20, 25 e 27 de abril e 3 e 5 de maio de 2023, en horario de 09.30 a 13.30 horas. A data límite de inscrición é o 12 de abril.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?