Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Maica Larriba destaca o traballo da Policía Nacional nos centros de ensino para garantir navegacións seguras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Maica Larriba destaca o traballo da Policía Nacional nos centros de ensino para garantir navegacións seguras

S. P.
Publicado: 23/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

larriba_marcon_ciberseguridade_charla.jpgA subdelegada do Gobierno en Pontevedra, Maica Larriba, participou este mércores 22 de xaneiro no CEIP de Marcón (Pontevedra) nunha das accións formativas sobre ciberseguridade que impartiu o Corpo Nacional de Policía no marco do Plan Director para a Convivencia nos Centros Educativos. No transcurso do acto co alumnado de sexto de Primaria, Larriba reivindicou o gran labor educativo que desenvolven os axentes para formar a comunidade educativa fronte os riscos que poden entrañar as redes sociais e as novas tecnolóxicas.
“É moi importante impartir formación neste campo desde etapas temperás para que o alumnado teña as ferramentas e os coñecementos necesarios para utilizar os recursos da rede de maneira responsable e para frear os ciberdelitos”, indicou.
A charla versou, concretamente, sobre ciberacoso e sexting, dúas condutas e accións na Rede que, segundo indicou Larriba, cada vez son máis comúns entre os pequenos e adolescentes debido ao auxe na utilización das novas tecnoloxías.
Os axentes da Policía Nacional explicaron ao alumnado en que consisten estas prácticas, como detectar e previr o ciberbullyng, así como os riscos que entrañan actividades como o sexting. Unha vez finalizada a sesión os estudantes realizaron un pequeno control no que puxeron a proba os seus coñecementos sobre a materia. Xunto cos nenos e nenas tamén realizaron o exame a subdelegada e o comisario xefe de Pontevedra, Juan José Díaz, con resultado de aprobado todos e todas os presentes.
Maica Larriba agradeceu a implicación da Policía Nacional neste traballo así como o do claustro do colexio por desenvolver “un curso que garante saber navegar de maneira segura por Internet, evitando colaborar no ciberacoso aos seus propios amigos e compañeiros”. Ao mesmo tempo, deu os parabéns aos nenos e nenas e animar a “poñer en práctica todo o aprendido e a ser embaixadores, especialmente entre as persoas maiores, do bo uso da Internet e das redes sociais”, expresou.
Durante o primeiro trimestre do curso 2022-2023, 12.898 persoas membros da comunidade educativa (alumnado, corpo docente, pais e nais) da provincia participaron nas actividades formativas e preventivas dirixidas pola Garda Civil e a Policía Nacional, o que supón un incremento do 56,5% con respecto ao pasado curso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?