Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica renova a súa central de Lugo para facela máis eficiente e sustentable
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica renova a súa central de Lugo para facela máis eficiente e sustentable

S. P.
Publicado: 24/03/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sede_telefonica_lugo.jpgTelefónica vén de comunicar a renovación integral da súa sede central de Lugo para facela “máis eficiente, sustentable e con menor contaminación acústica”, na liña do compromiso da operadora contra o cambio climático. A remodelación do inmóbel, sito na rúa Quiroga Ballesteros, implicou a mobilización dun investimento de máis dun millón de euros.
Segundo explicou a empresa, as reformas e instalación dos novos equipos permitiron alcanzar “unha redución do 81% nas emisións de gases e un aforro enerxético do 64%”. A maiores, elimináronse todos os elementos da cuberta, deixando só unha torre de telefonía de baixo impacto visual, e insonorizáronse as estancias para minimizar o impacto acústico, “aspectos ambos moi relevantes nunha central situada en pleno centro histórico”, apuntaron fontes de Telefónica, engadindo que un dos apartados máis relevantes dos traballos despregados foi o da climatización, factor crítico para o bo funcionamento dos equipos. Este reto solucionouse coa posta en marcha dunha planta arrefriadora totalmente insonorizada, securizando o subministro de auga fría desta nova instalación “para minimizar o risco de calquera problema coa climatización dos equipos, o que podería afectar o servizo en toda a provincia”. Ao mesmo tempo, retiráronse os equipos de expansión directa e instaláronse unidades de auga moito máis eficientes e sen emisión de gases. As melloras nas instalacións e equipos de climatización complementáronse, no ámbito da enerxía, coa renovación completa do centro de transformacións e a substitución de todos os cadros eléctricos.
As modificacións realizadas na central de Lugo enmárcanse como dixemos no compromiso estratéxico de Telefónica co coidado do planeta e a protección do medio ambiente. De feito, fixouse como obxectivo cero emisións netas en 2040, incluíndo a súa cadea de valor, adiantándose 10 anos aos acordos internacionais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?