Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un estudo conclúe que Galicia está entre as comunidades que máis usan os medios dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un estudo conclúe que Galicia está entre as comunidades que máis usan os medios dixitais

S. P.
Publicado: 24/03/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

De esquerda a dereita, Sergio Martín, Ana Isabel Rodríguez, Antonio López, Josep Alonso e Fernando Jáuregui. FOTO: Santi Alvite
De esquerda a dereita, Sergio Martín, Ana Isabel Rodríguez, Antonio López, Josep Alonso e Fernando Jáuregui. FOTO: Santi Alvite
O pasado mércores, 22 de marzo a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) facía público o resultado dunha sondaxe de cinco mil mostras sobre o consumo de prensa en papel elaborada por Metroscopia e a Fundación AXA para o foro independente Xorn. As conclusións tiradas deste traballo de investigación din que Galicia atópase á cabeza do consumo de prensa en papel, amais de ser a comunidade que se declara máis informada no referente á actualidade política e tamén a de maior consumo de medios dixitais. O reitor da USC, Antonio López; a decana do centro, Ana Isabel Rodríguez; o presidente da Fundación AXA, Josep Alonso; o presidente do Foro Xornalismo 2030, Fernando Jáuregui; e o seu director, Sergio Martín, foron os encargados de dar conta dos resultados deste estudo.
Segundo os datos obtidos, Galicia salienta en canto á esixencia de que, para que unha sociedade sexa realmente libre e democrática, existan medios de comunicación de calidade, libres e independentes. Un 91% dos enquisados polo foro Xornalismo 2030 así o cre, unha porcentaxe que se rebaixa algo, ata o 87%, no conxunto de España. Igualmente os galegos e galegas son os primeiros do Estado (un 86%) á hora de opinar que unha ampla diversidade de medios informativos independentes permite detectar e controlar os abusos de órganos ou institucións poderosas, sexan públicos ou privados.
A sondaxe evidencia que as persoas galegas se senten mellor informadas (86% fronte ao 83% da media estatal), máis interesados na política do Estado (77 fronte a 69%) e na información local, que é, en todo caso, a que máis atención reclama á cidadanía en España. En canto á lectura de xornais de papel, que é a principal fonte de información para o 46% fronte ao 33% a nivel estatal. Engadir que os e as galegas prefiren os medios privados fronte aos públicos á hora de informarse, 28 fronte ao 23%, mentres que, a escala estatal é á inversa: 21 fronte ao 33%.
Se a análise é por idades, a cousa muda moito, o uso dos medios máis tradicionais non é para os máis novos que prefiren informarse polas redes, nas que confían moito máis que os seus maiores.
Apréciase nas respostas a procura por parte da mocidade de novas redes sociais, que case non empregan os maiores. Un 41% dos galegos usa TikTok, un 57% non o emprega nunca, e un 23% usa Twitch. Un 39% cre que as redes son unha fonte de información “realmente fiable” fronte ao 34% que non o cre así. Un 59% dos enquisados entre 18 e 29 anos amosa gran confianza nas redes, mentres que esta porcentaxe descende ao 28% no caso dos maiores de 65 anos.
Galicia tamén salienta no que se refire á valoración do chamado xornalismo cidadán: un 69% está de acordo coa afirmación de que “calquera experto nun tema concreto pode informar directamente sobre o mesmo de maneira axeitada e comprensible sen necesidade de axuda ou intervención dun xornalista”, fronte ao 15% que o rexeita. Con todo, un 57% cre que “presenciar un feito non converte a ninguén en xornalista, xa que para informar de forma fiable e veraz só un xornalista profesional sabe como contrastar e avaliar informativamente o que ocorre”.
En resumo, a enquisa, que en Galicia recolleu case trescentas mostras, indica que os galegos se senten bastante ou moi informados, que saben xeralmente detectar as novas falsas (fake news) e que están lixeiramente máis dispostos que a meirande parte dos españois (28 fronte a 24%) á hora de subscribirse a algún diario de papel, dixital ou muro de pago. Asemade, amósase unha actitude crítica fronte á información que reciben: un 56% desconfía de que os medios sexan realmente libres e independentes fronte a un 41% que cre que “sempre ou a maior parte das veces” os medios informan libre e independentemente. Esta crítica esténdese á pregunta sobre se os medios españois distinguen axeitadamente entre información e opinión: un 68% cre que non, fronte ao 64% que opina o contrario.
Para rematar, a valoración positiva dos medios aumentou tras a pandemia en relación con sondaxes anteriores elaboradas por Xornalismo 2030. Un 40% dos galegos cre que os medios de comunicación achegan unha visión fiable da vida política e social, mentres que un 35% pensa o contrario.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?