Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno levará alta velocidade a 1.800 fogares e empresas de O Valadouro e Alfoz
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno levará alta velocidade a 1.800 fogares e empresas de O Valadouro e Alfoz

S. P.
Publicado: 27/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

isabel_rodriguez_marina_lugo.jpgA subdelegada do Gobierno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou este luns 27 a comarca da Mariña (Lugo) e debullou os plans do Goberno para dotar de conectividade a totalidade da contorna, poñendo o foco no rural. En concreto, garantiu o 100% de cobertura de acceso a Internet de alta velocidade na provincia de Lugo.
Isabel Rodríguez desprazouse ata A Mariña onde visitou os concellos do Valadouro e Alfoz, presentes nas dúas convocatorias do Programa Único-Banda larga, que desenvolve o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital con 22,5 millóns do Plan de Recuperación para a provincia de Lugo, achegando conexión de banda larga con velocidade ultrarrápida a 1.800 familias e empresas dos dous municipios mariñáns.
En ambas as localidades, a subdelegada reuniuse cos seus alcaldes, Edmundo Maseda e Jorge Valle, para informalos, ademais, sobre os programas do Gobierno en materia de vivenda, transición ecolóxica e administración pública, e coñecer, ao mesmo tempo, as súas demandas e inquietudes.
“Co Único-Banda larga atallamos a fenda dixital que afecta, sobre todo, ao medio rural, e así loitamos contra o despoboamento dos municipios, facilitando o acceso á banda larga da internet aos veciños e veciñas que viven en municipios como os do Valadouro e Alfoz”, incidiu Isabel Rodríguez.
No caso da provincia de Lugo, do mesmo xeito que Galicia, os fogares e empresas beneficiados desta iniciativa atópanse en zonas brancas, aquelas que non dispoñen de cobertura de redes de velocidade de polo menos 30 Mbps, nin plans para a súa dotación nos próximos tres anos.
“Con este plan asegurámonos de que O Valadouro e Alfoz conten con conectividade de máis de 300 Mbps na práctica totalidade dos seus territorios, en 500 zonas que a día de hoxe non dispoñen deste tipo de cobertura, fundamental no mundo actual”, manifestou Isabel Rodríguez.
Concretamente, en Valadouro o programa dixitalizará 260 zonas onde actualmente non existe este tipo de conexión e onde se localizan 1.022 familias e empresas. No caso de Alfoz, executaranse 240 proxectos de conexión para levar este servizo a 767 vivendas e empresas deste Concello.
Ademais, Isabel Rodríguez informou aos dous rexedores que o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital acaba de aprobar o Único Demanda Rural, o programa co que o Goberno garante a extensión de banda larga vía satélite en todas as zonas rurais. Para eso, adxudicou de maneira provisional á empresa Hispasat despregar mediante tecnoloxía satelital as infraestruturas necesarias para prover de conectividade ultrarrápida ás zonas de toda España nas que non hai cobertura con tecnoloxía fixa a un mínimo de 50 Mbps e proporcionará un servizo accesible economicamente de polo menos 100 Mbps ata o 31 de decembro de 2027, a un prezo fixo de 35 euros mensuais para o usuario final.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?