Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Plan ÚNICO leva banda larga a máis de 7.000 veciños da comarca de Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Plan ÚNICO leva banda larga a máis de 7.000 veciños da comarca de Ourense

S. P.
Publicado: 28/03/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ourense_emilio_gonzalez_plan_unico_goberno.jpgO subdelegado do Gobierno en Ourense, Emilio González, presentou os datos do Plan ÚNICO-Banda Larga nos concellos de Ourense e a súa comarca. Segundo fixo saber, este plan “permitiu que concellos como Pereiro de Aguiar ou Coles pasasen nos dous últimos anos de non ter implantación de Internet ultrarrápida a que esta chegue a máis da metade dos seus habitantes ou que no caso de Ourense, chegase practicamente ao 100% da súa dixitalización”.
González sinalou que este investimento levará internet de banda larga a “máis de 7.000 veciños e veciños da comarca de Ourense mellorando a conectividade en 1.290 núcleos de poboación de toda a bisbarra rompendo a fenda dixital que existe na actualidade”.
Así o manifestou ese luns 27 de marzo nun encontro mantido no salón de actos do Arquivo Histórico Provincial de Ourense.
Ata alí desprazouse xunto ao xefe de inspección de Telecomunicacións da provincia, Enrique Sanmartín, quen informou aos alcaldes e representantes institucionais dos doce municipios da comarca (Ourense, Barbadás, Amoeiro, Vilamarín, Esgos, Taboadela, San Cibrao das Viñas, Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar, Coles, A Peroxa e Toén) do estado de cumprimento do plan situando os concellos da comarca como unha zona de “gran conectividade” e poñendo en valor esta aposta do Gobierno central por “cumprir cos obxectivos do reto demográfico”.
Durante o acto aproveitouse para que o novo operador encargado da implantación do servizo na provincia, representantes da empresa de telefonía Avatel Telecom, quen recolle a testemuña de Telefónica, expoñan a súa proposta aos alcaldes e alcaldesas para que estes poidan resolver dun modo máis áxil os trámites necesarios para a extensión da liña.
José Manuel González, directo de extensión na Zona Norte de Avatel Telecom, puxo en valor a implicación de Avatel como “unha operadora que mira cara ao rural e que valora a implantación do Plan ÚNICO do Gobierno como un obxectivo común de ambas as entidades”. Así mesmo, tamén destacou que “a compañía atópase realizando unha rolda de contactos con presentacións de plans de despregadura en cada municipio para poder informar os alcaldes e alcaldesas da situación do programa”.
En Ourense o plan conta cun investimento de 18.391.322 euros para 45.635 unidades en Ourense cuxos traballos están a ser efectuados pola empresa Adamo Telecom.
Con esta nova liña de axudas, financiada cos fondos Next Generation EU no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, mobilizarase un investimento público-privado de 388,2 millóns de euros, que se suman aos 1.120 millóns postos en xogo desde 2018. Estes investimentos permitiron levar conexións de banda larga ultras rápida a máis de catro millóns de fogares e empresas ata 2021.
No caso de Galicia, como na maior parte do territorio estatal, os fogares e empresas beneficiados atópanse en zonas brancas, aquelas que non dispoñen de cobertura de redes de velocidade de polo menos 30 Mbps, nin plans para a súa dotación nos próximos tres anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?