Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: INECO-Rural TIC achega en Porto do Son formación dixital social e económica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

INECO-Rural TIC achega en Porto do Son formación dixital social e económica

S. P.
Publicado: 28/03/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ineco_porto_do_son.jpgO programa estatal de dixitalización INECO-Rural TIC ten presenza en Porto do Son, a través da actividade colaborativa desenvolvida pola empresa INECO, dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, e máis o Concello. O programa, do que se están a beneficiar nove concellos galegos de menos de 10.000 habitantes, abéirase ao compromiso do Goberno de España coa cohesión territorial e coa igualdade de oportunidades do conxunto da poboación, “con independencia de onde resida”.
Segundo confirman dende o Concello, INECO-Rural TIC é unha ferramenta ao servizo da cidadanía que vive en pequenos concellos e que ten como obxectivo “utilizar a potencialidade que aportan as novas tecnoloxías para contribuír a facer visible e a dinamizar o medio rural, impulsando a súa dixitalización social (fomentando e apoiando o uso das novas tecnoloxías, con especial incidencia na poboación de maior idade) e a súa dixitalización económica (asesorando ao tecido empresarial a través da potenciación do seu posicionamento dixital)”.
ineco_porto_do_son_2.jpg As actividades xa realizadas en Porto do Son centráronse nos seguintes puntos:
-Obradoiros de dixitalización económica.
-Obradoiros de privacidade e seguridade na Rede.
-Obradoiros de banca dixital e compras en liña.
-Obradoiros de trámites administrativos (autenticación, sinatura dixital, etc).
-Asesoramento a empresas (sonoteucomercio.gal e calquera outra interesada) en temas de comercio online, visualización en buscadores, redes sociais, seguridade informática, etc.
Á fronte das actividades propostas e do asesoramento a empresas estivo Borja Soto Alvire, técnico de INECO e especialista ciberseguridade.
Máis concellos
En Galicia son nove os concellos beneficiados por este programa de INECO, nos que residen máis de 24.000 persoas en conxunto. Na provincia da Coruña, as entidades locais seleccionadas son Cerdido, Porto do Son e Vimianzo; na provincia de Lugo, o concello de Trabada, e na provincia de Ourense, os concellos de Carballeda de Avia, Cortegada, A Gudiña, Parada de Sil e A Pobra de Trives. En total, seleccionáronse 50 concellos no conxunto de España para esta iniciativa das comunidades de Andalucía, Asturias, Aragón, Castela León, Castela A Mancha e Galicia.
Esta aposta pioneira levará a estes concellos a persoal do INECO, que, segundo lembrou recentemente o Goberno, adica unha parte da súa xornada laboral a prestar os labores de asesoramento e formación do programa.
“A fórmula deseñada pola compañía permitirá aos profesionais que formen parte da iniciativa desprazarse temporalmente a estas pequenas poboacións para compaxinar o teletraballo coa realización de talleres formativos en dixitalización social e económica”, sinalou o ex-delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, engadindo que “a través deste formato de colaboración, os participantes de INECO dedicarán ata un 20% da súa xornada laboral a estas accións, mentres que os concellos achegarán as estadías durante os días laborais do período de desenvolvemento do programa”. Cada estadía terá unha duración inicial de dúas semanas, prorrogables outras dúas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?