Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Alumnado da USC imparte en Santiago obradoiros interxeracionais sobre competencias dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Alumnado da USC imparte en Santiago obradoiros interxeracionais sobre competencias dixitais

S. P.
Publicado: 30/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

santiago_usc_interdixitais.jpgAlumnado dos graos en Pedagoxía e Enfermaría imparte esta tempada obradoiros semanais sobre habilidades básicas para o uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) a grupos de persoas interxeracionais. Esta iniciativa enmárcase dentro do proxecto de innovación educativa Interdixitais 23. Dezaoito mozos e mozas participan nestes talleres no Centro Cívico Maruxa e Coralia de Compostela con persoas maiores pertencentes a Acción Solidaria de Galicia (ASDEGAL) e a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencias tipo Alzhéimer (AGADEA). Nesta edición, abordaranse contidos sobre xestión de arquivos, seguridade dixital, aplicacións de saúde, acceso a ocio-lecer e fotografía con smartphone.
Nas sesións úsase unha metodoloxía educativa que integra os procesos de aprendizaxe coa realización de tarefas de servizo á comunidade. Nun marco de reciprocidade, o alumnado traballa sobre as necesidades reais da contorna o que lle permite mellorar o coñecemento nunha disciplina e ampliar a súa responsabilidade social. No caso de Interdixitais’23, quérese promover as competencias dixitais entre as persoas maiores, así como un estilo de vida activo e participativo. “O proxecto”, informa a USC, “tamén aspira a contribuír ao enriquecemento do tecido social comunitario; a traballar aspectos relacionados coa saúde dixital; previr o idadismo e promover unha perspectiva do ciclo vital que permita entender e despatoloxizar os cambios ao longo da adultez e da vellez; así como promover o desenvolvemento da pedagoxía xerontolóxica e da enfermaría xeriátrica a través da sensibilización do alumnado das facultades”.
David Facal, Lucía Pérez Blanco, Carmen Gutiérrez, Julia Diz, Manuel Gandoy e Alba Martínez son os profesores involucrados neste proxecto que nace logo doutra experiencia de Aprendizaxe-Servizo previa. “A experiencia do proxecto anterior, malia resultar exitosa na participación do alumnado e na satisfacción do usuario maior participante, amosou dificultades para dinamizar a participación de persoas maiores, especialmente aquelas que non participan activamente nas actividades dos centros socioculturais. A inclusión dunha nova entidade do tecido asociativo compostelán, AGADEA, está destinada a maximizar a integración das persoas maiores nesta iniciativa”, explica o profesor David Facal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?