Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Movistar Plus+ estrea en xuño a segunda tempada da serie galega Rapa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Movistar Plus+ estrea en xuño a segunda tempada da serie galega Rapa

S. P.
Publicado: 30/03/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

rapa_movistsar_segunda_tempada.jpgEste 28 de marzo celebrouse a presentación do primeiro episodio da segunda tempada da serie galega Rapa no marco da VI edición do Festival Crossover Cultura de Series en Donostia. Será no mes de xuño cando chegue á plataforma de streaming Movistar Plus+ a segunda tempada do thriller policíaco con guión dos galegos Pepe Coira e Fran Araújo. No encontro participaron os actores protagonistas Javier Cámara e Mónica López, acompañados dos produtores executivos Susana Ferreiras (Movistar Plus+) e Alfonso Blanco (Portocabo).
Onda Javier Cámara e Mónica López, completan o reparto de Rapa, entre outros: Carlos Blanco, Federico Pérez Rey, Evaristo Calvo, Melania Cruz, Darío Loureiro, Iolanda Muíños, Chisco Amado, Adrián Ríos, Lara Boedo e Fran Lareu.
A trama dos novos episodios leva a Maite e a Tomás a Ferrol, lugar no que dous casos sen resolver volverán unilos. Ela introducirase no Arsenal, un mundo hermético rexido por unhas normas moi estritas, onde desapareceu unha oficial. El empeñarase en resolver un caso de asasinato que está a piques de prescribir logo de 20 anos.
Rapa converteuse coa súa primeira entrega na mellor estrea de ficción da pasada tempada en Movistar Plus+. O proxecto conta co apoio do Hub Audiovisual da Xunta financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Eixo REACT-UE.
Alén disto, confirmouse o novo proxecto de Movistar Plus+ coproducido xunto a Portocabo: a miniserie Garbo, creada polo mesmo equipo creativo de Rapa e Hierro: Pepe Coira, Fran Araújo e Jorge Coira. Contará a historia real de Juan Pujol, un axente dobre español que foi clave para que os aliados gañasen a II Guerra Mundial.
Este thriller policíaco creado por Pepe Coira e Fran Araújo, cuxo rodaxe finalizou en decembro, conta nesta segunda tempada con Rafa Montesinos e Marta Pahissa na dirección.
A segunda tempada de seis episodios chegará á plataforma en xuño.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?