Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia participa na fronte de comunidades pola diversidade lingüística nas plataformas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia participa na fronte de comunidades pola diversidade lingüística nas plataformas

S. P.
Publicado: 31/03/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

comunidadades_autonomas_diversidade_linguistica_plataformas.jpgA Comisión de Seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística, na que participan as comunidades autónomas de Galicia, Euskadi, Cataluña, Navarra, Illas Baleares e Comunidade Valenciana, celebrou este martes 28 de marzo, na sede da Consellería de Fondos Europeos, Universidade e Cultura de Baleares, a súa reunión ordinaria anual para abordar diferentes temas de interese e deseñar e coordinar accións conxuntas de promoción das súas linguas propias, centrándose especialmente no traballo das plataformas audiovisuais.
Durante a xuntanza, na que participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a comisión acordou dirixir un escrito ás principais plataformas de contidos audiovisuais para trasladarlles a importancia da existencia dunha oferta suficiente de produtos dobrados ou subtitulados nas linguas propias de cada territorio.
Os integrantes da comisión recalcaron a relevancia da colaboración co sector audiovisual no traballo pola diversidade lingüística recoñecendo os avances recentes neste eido, entre os que destacan a publicación en Netflix de máis de 70 títulos dobrados ou subtitulados nas linguas cooficiais ou a colaboración que a Xunta de Galicia mantén con Prime Video para aumentar a inclusión de producións audiovisuais en galego na plataforma. A raíz destes avances, a comisión insistiu “na necesidade de seguir por este camiño, aumentando a oferta audiovisual nas linguas cooficiais e sumando plataformas á iniciativa”.
Tamén se deu conta da reunión mantida con RTVE para solicitar ao ente público novas medidas que inclúan a oferta dos seus contidos en linguas oficiais diferentes do castelán, en cumprimento da Lei xeral de comunicación audiovisual, especialmente na canle Clan, dirixida á cativada.
Outros temas
Outros temas tratados na reunión foron a habilitación de tradutores xurados; a definición da proposta de coedición de libros nas linguas oficiais do Estado, enmarcado dentro do novo currículo educativo; o estado da cuestión do proxecto Online Language Support de Erasmus+, presentado ante o Parlamento Europeo o pasado febreiro para solicitar a inclusión das linguas cooficiais nesta aplicación en liña; o posicionamento das linguas nos resultados dos motores de busca en Internet, que relegan os resultados obtidos nas linguas oficiais distintas do castelán; a reforma dos plans de estudo dos graos de docentes de infantil e primaria, ou a solicitude de modificación das bases do Programa Kit Digital, dirixido ás pemes, para que se poidan financiar os proxectos desenvolvidos en todas as linguas oficiais do Estado, así como o plan de traballo conxunto de cara ao ano 2024.
O protocolo
A Xunta de Galicia, o Goberno vasco e a Generalitat de Cataluña asinaron en 2007 o Protocolo xeral de colaboración en materia de política lingüística, ao que posteriormente se adheriron o Goberno das Illas Baleares e, en 2017, a Generalitat Valenciana e o Gobierno de Navarra. Constitúe o primeiro marco de colaboración de todas as comunidades autónomas con lingua propia que teñen status de oficialidade nos termos establecidos nos correspondentes estatutos de autonomía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?