Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O centro atlanTTic traballa nun proxecto europeo para a integración laboral de mulleres migrantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O centro atlanTTic traballa nun proxecto europeo para a integración laboral de mulleres migrantes

S. P.
Publicado: 31/03/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

atlanttic-worldplaces-2-1280x720.jpgO centro atlanTTic (UVigo) compartiu detalles dun relevante proxecto europeo destinado a fomentar a integración laboral das mulleres migrantes mediante redes. Foi posto en marcha en 2022 coa participación dun grupo multidisciplinar de persoal docente e investigador da Universidade de Vigo. Trátase de Worldplaces. Workplaces working for women’s integration, do que vén de abrollar unha iniciativa complementaria: o portal Thinkilusion, que proporciona a profesionais do ámbito socioeducativo ferramentas e exemplos para facilitar a inclusión de colectivos vulnerables.
Media ducia de países europeos
O proxecto Worldplaces está financiado pola Comisión Europea a través da Convocatoria AMIF-2020-AG-CALL (Transnational Actions on Asylum, Migration and Integration). Cun orzamento total de arredor dun millón de euros, na iniciativa participan xunto á UVigo entidades de Grecia, Alemaña, Portugal, Bélxica, Italia e Austria, sendo liderada pola Cooperativa Sociale Quid de Verona (Italia). No caso da Universidade de Vigo, participa a través de atlanTTic persoal docente e investigador da Facultade de Educación e Traballo Social; da Facultade de Filoloxía e Tradución e da Escola de Enxeñería de Telecomunicación. Coordinado polo catedrático Manuel Fernández, o equipo de Worldplaces na UVigo está integrado por Pino Díaz; Carmen Ricoy; Edita de Lorenzo; Maribel del Pozo, Íñigo Cuíñas; Enrique Costa; Manuel Caeiro e Joseba Delgado.
O portal
atlanttic-worldplaces-1280x720.jpg Thinklusion é un portal web de recursos que pretende “ofrecer ferramentas que axuden á integración das mulleres migrantes no seu novo contexto social e laboral”. A súa misión, engade o equipo de atlanTTic, é “o apoderamento das persoas, en especial as máis vulnerables, empregando metodoloxías creativas que lles proporcionen autonomía, capacidade de adaptación e faciliten a súa inclusión”. Para acadalo, o portal facilita ferramentas e modelos destinados principalmente a profesionais da intervención socioeducativa co fin de que coñezan a metodoloxía do deseño intelixente (design thinking) e dispoñan de recursos para a súa aplicación con colectivos en risco de exclusión.
A metodoloxía do deseño intelixente, segundo indican as e os responsables da iniciativa, “proporciona un proceso de intervención organizado en cinco fases que perseguen obxectivos delimitados e avaliables, medindo así as melloras e eficiencia no proceso de toma de decisións, tanto da organización como das persoas usuarias”. Trátase, apuntan, dun proceso estruturado que proporciona ás persoas desenvolvemento de estratexias autónomas para identificar problemas; busca de formas diverxentes e creativas para resolvelos; decisión autónoma do camiño a seguir; planificación das súas propias accións e avaliación do resultado e mellora do seu proceso.
As diferentes ferramentas propostas están organizadas en función das fases da metodoloxía design thinking (empatizar, definir, idear, prototipar ou realizar), dos instrumentos (avaliación, intervención ou organización) e do tipo de agrupamento que permiten (individual ou colectivo), podendo as persoas usuarias utilizar filtros e seleccionar aquelas que se poidan adaptar mellor á situación das persoas coas que van a intervir, ou transformándoas segundo as necesidades detectadas.
AtlanTTic tamén explica que a case trintena de ferramentas que xa presenta a web son “moi diversas”. Entre elas está a análise DAFO, para organizar as debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades coas que conta a persoa á que se destina a intervención; Memorias, para coñecer a súa propia historia mediante obxectos ou fotografías persoais; DCBE, para avaliar o seu desenvolvemento de competencias básicas de empregabilidade, ou PIC-A, para avaliar o seu pensamento diverxente (verbal, gráfico e xeral).
Tamén hai recursos como a Ruleta das necesidades, que quere facilitar o proceso de xeración de diferentes necesidades atendendo a temáticas preestablecidas; Brainstorming cooperativo, para ofrecer ideas con utilidade para resolver cooperativamente un reto; ou Debuxa a túa idea, para representar graficamente os pasos a seguir para levar a cabo a idea proposta.
Estas ferramentas son aplicadas na web en cinco casos concretos que, segundo apuntan dende o centro vigués, “funcionan como modelos inspiradores e nos que se pode comprobar como a metodoloxía design thinking pode mellorar a calidade de vida das persoas máis vulnerables”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?