Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ABE de Boiro, a primeira asociación empresarial do ámbito estatal en ser admitida no Pacto Pola Xeración D
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ABE de Boiro, a primeira asociación empresarial do ámbito estatal en ser admitida no Pacto Pola Xeración D

S. P.
Publicado: 05/04/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

pacto_xeracion_d_generacion.jpgEsta mañá a Asociación Boirense de Empresarios (ABE) recibiu de mans da Vicepresidencia Primeira do Gobierno de España e do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a confirmación da adhesión da entidade boirense como membro do Pacto pola Xeración D (Pacto por la Generación D) que impulsa o Executivo estatal. Deste xeito, a patronal de Boiro sitúase como a primeira asociación empresarial da xeografía española en ser admitida no dito pacto.
Como explicou o presidente, Daniel García “xunto coa ratificación da adhesión e a correspondente benvida tamén recibimos o selo oficial Xeración D, que é a acreditación de que a ABE é membro do pacto e que a partir de hoxe mesmo debemos incluír nas iniciativas, proxectos e actividades que impulsemos neste ámbito”.
Que é o pacto pola Xeración D
O Pacto pola Xeración D é unha iniciativa do Gobierno de España cuxos obxectivos van dirixidos ao ámbito da dixitalización, como explica o xerente do ABE, Tomás Estévez, que será quen actúe como interlocutor coa Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, “trátase de proporcionar un espazo aos axentes sociais, as asociacións, as empresas, as entidades sociais, as fundacións e os medios de comunicación para dar a coñecer as súas propias iniciativas, sensibilizar á sociedade sobre como apoiar proxectos e iniciativas dirixidas a superar fendas dixitais, potenciar a transformación dixital das pemes ou impulsar a certificación de niveis de desempeño en materia de competencias dixitais entre outras”.
Compromiso da ABE
Ao apoiar o manifesto a asociación comprométese a contribuír a alcanzar os obxectivos estratéxicos do Plan Nacional de Competencias Dixitais. Así o explica o presidente da entidade boirense: “De forma máis concreta a patronal de Boiro debe continuar impulsando iniciativas, proxectos, actividades, etc. que contribúan á adquisición, ao desenvolvemento e á mellora das competencias dixitais como coas accións formativas tanto para ocupados como para desempregados que organiza nas súas aulas durante todo o ano”. Ademais, establécense as obrigas de comunicar á Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial as iniciativas, proxectos e actividades que poidan ser susceptibles de ser difundidas no portal Xeración D, colaborar naquelas actuacións e iniciativas que se poñan en marcha no seo do pacto e difundir os programas que se impulsen.
Membros do pacto
Actualmente o pacto confórmano 85 entidades tanto públicas como privadas, no sector público destacan, a nivel nacional os Ministerios de Traballo, Educación, Ciencia e Innovación e o de Industria e Comercio, a nivel autonómico están representadas a maioría de comunidades a través das súas diferentes consellerías, no caso galego da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a AMTEGA.
Tamén están representadas a Policía Nacional, SEPE, RTVE, diversas fundacións como ONCE, Telefónica, FUNDAE e a nivel privado empresas como Microsoft, Ibm, Sage, Oracle ou HP.
Daniel García, quixo destacar que “en canto a entidades empresariais aparecen colectivos de ámbito nacional como a COE, ATA ou CEPYME sendo a Asociación Boirense de Empresarios a única asociación empresarial de ámbito non nacional integrada a día de hoxe no pacto, feito que énchenos de orgullo e serve tanto de recoñecemento polo traballo realizado en favor da dixitalización das nosas empresas como de estímulo para continuar con esta liña de traballo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?