Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME achega cinco novos obradoiros TIC a partir do 10 de abril
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME achega cinco novos obradoiros TIC a partir do 10 de abril

S. P.
Publicado: 05/04/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

smart_peme_deputacion_pontevedra.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPEME de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta a semana do 10 de abril cinco novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As accións centraranse en ciberseguridade, protección de negocios desde a perspectiva legal, visualización de pago en buscadores, xestión e comercialización de vivendas e apartamentos turísticos e aparencia e imaxe persoal para a emisión de eventos en liña de xeito profesional.
O luns 10 ás 10:00 horas celebrarase o obradoiro Ciberseguridade, copias de seguridade para dar a coñecer a importancia de ter os datos apoiados cunha copia de seguridade, non só pola posibilidade de ser vítima dun ataque informático senón tamén pola posibilidade de incidentes como roubos, inundacións ou unha suba de tensión na rede eléctrica. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D.
O día seguinte, o martes 11 ás 11.00 horas, celebrarase o obradoiro Queres protexer o teu negocio e destacar no mercado?. Nel, as persoas participantes aprenderán a identificar os elementos clave dunha marca e como rexistrala correctamente, a coñecer os diferentes tipos de marcas e cal é a máis adecuada para o seu negocio, a entender como funciona a propiedade intelectual e como protexer as súas ideas e deseños e tamén a coñecer as mellores prácticas para protexer a súa marca e evitar conflitos legais. O obradoiro será impartido por José Manuel Sendín Rodriguez, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, avogado e socio do despacho Sistemius.
O mércores 12, SmartPEME organiza dúas actividades. A primeira delas será ás 12:00 horas: Google Ads, como entendelo e crear campañas eficaces II (dando continuidade á primeira sesión, celebrada o 22 de marzo). Segundo avanza a Deputación de Pontevedra sobre esta xornada, nos negocios converteuse en indispensable saíren como resultado de procuras en Google, e “para iso non é suficiente con facer só unha estratexia de posicionamento orgánico senón crear anuncios para alcanzar o público obxectivo”. O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa.
Xa pola tarde, será a quenda do obradoiro Xestión e comercialización de vivendas e apartamentos turísticos, enmarcado no auxe do mercado de alugueiro vacacional que pode ser unha oportunidade de negocio para persoas propietarias de vivendas e apartamentos. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela.
Por último esta semana, o xoves 13 ás 11.00 horas celebrarase a quinta sesión do curso Como emitir o teu evento en liña de maneira profesional, centrado na aparencia e imaxe persoal e tocando aspectos como a presenza ante a cámara, o encadre, a comunicación non verbal, a preparación do material, o fondo, a roupa ou a luz, entre moitos outros. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?