
Mellorouse a climatización de toda a central e procedeuse a redundar os equipos das salas críticas e securizar ao máximo a rede. En obra civil ampliouse en 250 m2 o espazo para a instalación de equipos críticos, aumentouse a sala de TI, acondicionouse unha nova sala de 300m2 para albergar o centro de proceso de datos, acondicionouse a cuberta e fixéronse melloras en todo o edificio para insonorizar os equipos e reducir, por tanto, a contaminación acústica.
As modificacións realizadas na central de Montiño enmárcanse no “compromiso estratéxico de Telefónica co coidado do planeta e a protección do medio ambiente”, segundo engadiu a operadora, que se fixou como obxectivo as cero emisións netas en 2040, incluíndo a súa cadea de valor, adiantándose 10 anos aos acordos internacionais.
Recentemente levou a cabo máis de cen iniciativas de eficiencia e xestión enerxética entre as que destacan o uso de enerxía renovable no 100% das súas operacións, e a implementación de proxectos de eficiencia enerxética ou de modernización da rede, entre outros, como o apagado das centrais de cobre substituíndoa por fibra, que reduciu o consumo enerxético un 12% desde 2015 “malia que o tráfico de datos xestionado aumentou 4,7 veces”, explicaron fontes da operadora.
Telefónica renova a súa central de Montiño para facela máis eficiente
Compartir Este Artigo

