Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Centum recibe a visita de David Regades e confirma a súa vindeira presenza en EE UU
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Centum recibe a visita de David Regades e confirma a súa vindeira presenza en EE UU

S. P.
Publicado: 10/04/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

centum_visita_zona_franca.jpgO delegado de Zona Franca, David Regades, visitou a semana pasada a sede da empresa viguesa Centum, especializada en proxectos avanzados de tecnoloxía para a comunicación e enxeñaría do sinal (por exemplo LifeSeeker, sistema electrónico deseñado baixo estándares aeronáuticos que converte os teléfonos baixo a súa área de actuación en radiobalizas, permitindo así detectalos, identificalos, localizalos e mesmo se comunicar con eles). A visita de Regades coincidiu cunha boa nova para para a empresa galega: a autorización para comercializar no mercado de Estados Unidos.
centum_visita_regades_zona_franca_vigo.jpg A compañía viguesa instalada no edificio CITEXVI do Campus da Uvigo está participada por VigoActivo.
O seu sistema de localización de persoas desaparecidas, Lifeseeker, xa acumula máis de cen casos de éxito en máis de 25 usuarios finais, só no último ano.
David Regades estivo acompañado polo director executivo (CEO) da empresa, Héctor Estévez. Centum Research & Technology, forma parte do grupo Centum, fundado en 2010 co obxectivo de deseñar, desenvolver e comercializar sistemas aeronáuticos de misión para os mercados de emerxencias, seguridade, defensa e aeroespacial.
centum_regades_visita.jpg Crea solucións tecnolóxicas que maximizan a eficiencia en operacións como procura e rescate, vixilancia marítima, loita contra incendios, comunicacións de emerxencia ou control de fronteiras. A compañía conta con 45 empregados dos que un 35% son mulleres
Segundo se puxo de manifesto na visita de Regades, Lifeseeker é o “buque insignia” da empresa. Trátase, máis en detalle, dun sistema aeronáutico de localización de teléfonos móbiles para atopar a persoas desaparecidas a través da xeolocalización do seu teléfono móbil, mesmo en áreas sen cobertura. Lifeseeker baséase nunha simple premisa: o teléfono móbil é a baliza máis estendida do mundo e aproveita isto para converter estes dispositivos en balizas de emerxencia capaces de guiar aos equipos de rescate a unha localización exacta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?