Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O portal Proxector achega un especial sobre as vantaxes e riscos da Intelixencia Artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O portal Proxector achega un especial sobre as vantaxes e riscos da Intelixencia Artificial

S. P.
Publicado: 11/04/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

senen_barro_especial_proxector_ia.jpgA USC (Servizo de Normalización Lingüística) e o Consello da Cultura Galega (Centro de Documentación Sociolingüística) comezaron abril subministrando novos contidos e novos formatos para o portal Proxector, iniciativa web habilitada coa finalidade de achegarnos á divulgación e ao coñecemento investigador, ao tempo que se dinamiza o uso do galego nestes ámbitos. As novidades son un convite a reflexionar nas implicacións de caer as máis avanzas ferramentas da Intelixencia Artificial en mans equivocadas.
Implicacións e aplicacións da Intelixencia Artificial é o título da nova entrega de Proxector. Nela recompílanse unha ducia de vídeos cos que se busca profundar no mundo deste tipo de ferramentas disruptivas, tanto dende un punto de vista conceptual como a través dos seus principais usos prácticos.
Segundo explican dende a USC e o CCG acerca do contexto do que xorden estes contidos, durante as últimas semanas a IA pasou de ser un tema reservado a especialistas a estar no debate xeral debido, fundamentalmente, á apertura ao público de prototipos de bots de charla, como ChatGPT ou Bard. “De súpeto todas e todos puidemos comprobar por nós mesmos a revolución que esta tecnoloxía pode supoñer… e tamén os perigos que poden vir da súa man”, afirma o especial.
Co fin de explicar en que consisten estas tecnoloxías, cales son as súas aplicacións e os potenciais riscos que un desenvolvemento incontrolado desta tecnoloxía pode supoñer, a nova entrega de Proxector escolma unha ducia de recursos audiovisuais que afondan nestas cuestións.
Abre o especial o vídeo Que é a Intelixencia Artificial?, no que o director científico do Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC, Senén Barro, achega unha definición do concepto de IA e expón como se consegue que as máquinas sexan intelixentes. Ademais, o propio Barro profunda nas aplicacións que esta tecnoloxía ten en ámbitos como o da previsión meteorolóxica, a saúde pública ou a predición de patoloxías cardíacas na peza audiovisual Aplicacións da Intelixencia Artificial. O uso destes recursos como ferramentas de diagnóstico é o tema central da conferencia de Pratik Shah, Como facilita a Intelixencia Artificial o diagnóstico de enfermidades, na que presenta o seu proxecto, co que busca reducir a cantidade de imaxes médicas que precisan os algoritmos para detectar as doenzas dos pacientes.
A creación de contidos a través de ferramentas baseadas en IA ou as posibilidades que teñen aplicacións como ChatGPT para realizar tarefas relacionadas coa lingüística son temas que se abordan noutros dos vídeos que se inclúen no especial. Alén dos usos prácticos desta tecnoloxía, o recurso Arte no tempo da intelixencia das máquinas céntrase nas aplicacións artísticas que poden ter estas ferramentas disruptivas nunha disciplina como a arquitectura.
A nova entrega de Proxector presta tamén atención aos riscos do desenvolvemento da IA. Así, incorpórase un vídeo que reproduce fragmentos dunha entrevista na que o experto Stuart Russell reflexiona sobre as posibilidades reais de que os sistemas de Intelixencia Artificial poidan substituír os humanos. Ademais, en Estamos vixiados polos nosos aparatos intelixentes?, Tomás Fernández explica como as empresas tecnolóxicas e mesmo algúns particulares con fins ilícitos conseguen información privada a través de aplicacións ás que os usuarios lles autorizan o acceso ao micrófono, por exemplo, ou doutras que se instalan sen o seu coñecemento.
Mentres, en Non temamos a superintelixente IA, o científico e filósofo Grady Booch convida a confiar no potencial destas tecnoloxías, para o que alude a unha cuestión fundamental: ensinarlles a estes sistemas as “verdades fundamentais” para que incorporen os valores éticos propios dos individuos humanos.
Completan o especial unha peza sobre intelixencia artificial e aprendizaxe automática; outra sobre o modo en que os ordenadores aprenden a recoñecer obxectos instantaneamente, e un vídeo didáctico que inclúe unha reflexión sobre o camiño que queda por recorrer para conseguir que as máquinas sexan conscientes da súa propia existencia.
O proxecto
Proxector: audiovisuais en galego para a docencia é un espazo web dedicado a recompilar, clasificar e difundir recursos audiovisuais que sirvan de apoio á docencia en lingua galega de diversas materias de bacharelato e de ensino universitario.
A iniciativa orixinal foi deseñada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e botou a andar no ano 2015 no portal educativo Didactalia. En 2018 o CCG, a través do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG), sumouse á iniciativa e comezou a participar de xeito activo tanto na súa coordinación como na edición de contidos. Cumprindo coas competencias que lle son propias no eido da preservación e difusión do idioma galego, o CCG acordou asumir tamén a custodia dos datos recompilados ao longo destes anos e que, a partir de agora, estarán ao dispor da cidadanía no sitio web institucional.
Os vídeos están clasificados segundo a súa temática, o idioma no que foron gravados ou subtitulados e o nivel de ensino no que se considera que poden ser empregados. A maiores, ofrécese unha ficha descritiva coa información básica de cada recurso. Pódese acceder aos contidos a través da busca libre ou dos diferentes despregables, que permiten filtrar os resultados segundo os criterios de clasificación antes citados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?