Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

S. P.
Publicado: 11/04/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cidades_ciencia_innovacion_distincions.jpgA Coruña vén de renovar a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación, un título que outorga o Ministerio de Ciencia e Innovación ás cidades distinguidas polo seu apoio á creatividade, ao fomento e á divulgación científica e tecnolóxica, potenciando as estruturas, institucións e empresas locais en termos científicos e tamén no referente ao impulso das novas tecnoloxías.
Nesta convocatoria, o Ministerio renovou o distintivo a un total de 16 municipios, e A Coruña é a única representante galega na categoría de máis de 100.000 habitantes.
Ademais, o galardón habilita a cidade como membro da Rede de Cidades da Ciencia e Innovación e da Asociación Red Innpulso, que potencian a colaboración entre concellos, compartindo boas prácticas de xestión, así como iniciativas para lle comunicar os proxectos á cidadanía.
A candidatura da Coruña para renovar esta distinción ministerial recadou preto de 200 apoios entre as entidades científicas, sanitarias, educativas, deportivas e culturais galegas, así como do tecido empresarial e veciñal. Tamén moitos concellos localizados na área metropolitana da Coruña, Ferrolterra e a Costa da Morte amosaron o seu apoio á renovación deste status da Coruña.
A AESIA, a Cidade das TIC e o papel da Universidade e os Museos Científicos
A memoria da candidatura presentada incide especialmente “na relevancia do tecido tecnolóxico que vertebra a economía local”, con máis de 700 empresas vencelladas a eidos como a innovación e o sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), o 27 % do total de Galicia. Estas empresas xeran, ademais, máis de 7.200 postos de traballo.
A este aspecto súmase, en palabras do Concello, a elección da candidatura da Coruña para albergar a sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), que estará situada desde este ano no emblemático edificio da Terraza, nos xardíns de Méndez Núñez.
Por outra banda, a memoria remitida polo Concello ao Ministerio de Ciencia e Innovación subliñou a posta en marcha das obras para erixir a Cidade das TIC en Pedralonga, un polo tecnolóxico e de innovación dixital.
En paralelo, destacouse tamén a ampla oferta formativa da cidade, onde a Universidade da Coruña reúne arredor de 17.000 alumnos e alumnas e ofrece máis de 130 graos e mestrados, cun gran número de especialidades orientadas á enxeñería e ciencia de datos.
E ademais, incidiuse no carácter pioneiro da Coruña como impulsora dos Museos Científicos Coruñeses, que abranguen a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, así como a sede do Museo Nacional da Ciencia e a Tecnoloxía (MUNCYT).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?