Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo acolle estrea da curta Amor Viaxeiro, premiada por Netflix
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo acolle estrea da curta Amor Viaxeiro, premiada por Netflix

S. P.
Publicado: 11/04/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

110423_estrea_amor_viaxeiro.jpgO Centro de Formación Audiovisual da Deputación de Lugo estreou este martes 11 de abril en Lugo a curtametraxe Amor Viaxeiro premiada pola plataforma Netflix e Turespaña no concurso Cómo dirías que es España sin decirlo. A película foi realizada por alumnado do centro dependente da institución provincial, baixo a titoría do equipo docente e supervisada polos convocadores do certame. A estrea realizouse no salón de actos do Pazo de San Marcos.
O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, participou na premier en Lugo, á que asistiron membros das entidades lucenses AFALU e ALAS, da Federación de Asociacións de Veciños, de Produtoras de Audiovisuais galegas e do Grupo Cinematográfico Fonmiñá, xunto a alumnos e alumnas de Secundaria lucenses, e os estudantes do CFA e as súas familias.
Rivera Capón animou aos futuros profesionais do sector audiovisual, aos que queda un trimestre para rematar os seus estudos, a manter a liña de traballo que distingue ao Centro de Formación Audiovisual da Deputación, da que resultan creacións recoñecidas a nivel nacional como Amor Viaxeiro ou o documental No se Oye.
Os autores de Amor Viaxeiro, Lucas Alba, Mario Bello, Miguel Bouzas, Sara Casanova, Erea Díaz, Mateo Longa e Paula Vilariño, supervisados polo seu titores, Hugo Fernández e Iago Viana, recibiron un premio de 7.000€ para a produción, filmación e prostprodución da curta que rodaron en galego.
O audiovisual, proxectado xa na pasada Feira Internacional de Turismo (FITUR) en Madrid, narra a historia de Uxía, unha moza que viaxa pola provincia de Lugo e outras zonas de Galicia na procura de lugares que forman parte dos recordos da súa avoa. Pablo Rivera salientou que “a cinta consigue emocionar cun guión que aborda o alzhéimer e dá visibilidade ao colectivo LGTBI, ademais de destacar a singularidade do territorio, do patrimonio e da poboación galega, axustándose aos requisitos do certame de Netflix e Turespaña”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?