Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: InVerbis recibe 400.000 euros de Lugo Transforma
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

InVerbis recibe 400.000 euros de Lugo Transforma

S. P.
Publicado: 12/04/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

lugo_110423_imaxe_da_presentacion_de_inverbis_esta_mana.jpgA alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deu a coñecer esta semana o nome da terceira das empresas que contará co financiamento da Estratexia Lugo Transforma: a empresa tecnolóxica Inverbis. Acompañada de Jesús Torres, conselleiro delegado de Torsa e da analista Marta Baltar, a rexedora deu a benvida a InVerbis Analytics como outra das beneficiarias deste fondo emprendedor.
Como lembraremos, InVerbis naceu como un proceso de incubación e transferencia tecnolóxica desde o CiTiUS, o Centro Singular de Investigación de Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela. Era o ano 2020 e xurdía coa vontade de introducir no mercado vantaxes para as empresas encamiñadas a xerar importantes aforros de xestión, automatizar as súas operacións de maneira rápida e efectiva e facilitar os procesos de certificación. “Hoxe, case tres anos despois, os seus algoritmos están á vangarda internacional, ofrecendo a que xa se considera a ferramenta de minaría de procesos máis flexible que existe neste momento”, explicou a rexedora.
Lara Méndez referiu tamén que, co apoio de Lugo Transforma, do que recibirá 400.000 €, InVerbis poderá afrontar o fortalecemento da compañía integrada nestes momentos por 14 persoas, entre as que figuran dous doutores de física, un doutor en enxeñaría de computación, e dous enxeñeiros industriais con posgraos na análise da información a gran escala (Big Data) e Intelixencia Artificial. A previsión de xeración de emprego da empresa é a de cuadriplicar o seu cadro de persoal dende agora e ata o 2025, creando 38 novos postos de traballo para os que botarán man de perfís saídos directamente dos graos dos que dispón a USC en Administración de Empresas, Marketing, Publicidade, Avogacía, Relacións Laborais e Empresa e Tecnoloxía.
Méndez sinalou que o fondo Lugo Transforma terá “un impacto transcendental” no desenvolvemento de produto de InVerbis e no seu esforzo de expansión, “tendo en conta que InVerbis traballa nunha categoría de software moi nova e cuxo alcance é global”. E engadiu: “Só existen ao redor de vinte empresas en todo o mundo dedicadas ao mesmo vertical polo que a composición da súa carteira de clientes necesariamente estará orientada cara o mercado internacional, máis aló do nacional, que tamén”.
Jesús Torres, de Torsa Capital, destacou o potencial de InVerbis, da que sinalou “está conseguindo posicionarse como marca no sector, á que lle vemos unha gran fortaleza no equipo executivo que acumula anos de experiencia en xestión empresarial, desenvolvemento do negocio e tecnoloxía da información, así como no consello científico asesor que os acompaña con experiencia en tecnoloxías intelixentes ou aprendizaxe automático. InVerbis compite nun mercado relativamente novo e con moi boas expectativas de crecemento, con moito campo aberto para traballar xa que ao redor do 97% das empresas aínda non se incorporaron á minaría de procesos”.
Por outra parte, o conselleiro delegado da xestora indicou, que “nestes momentos, e con máis de medio cento de proxectos interesados no fondo, hai xa 30 en diferentes fases de análise, algún deles moi avanzado e cuxas propostas de investimento agardamos poder presentar no próximo comité que se convocará para a última semana de abril”, adiantou.
“InVerbis é xa o terceiro proxecto que aterra no fondo, xunto a LexDigo e Innogando. Xuntos crearán en torno a 120 postos de traballo directo. Son 120 oportunidades para os e as lucenses de atopar un emprego de calidade e estable na nosa cidade. Esta é a verdadeira esencia do Lugo Transforma. Que empresas, de gran proxección, referentes no seu sector atopen a man tendida da Administración para despegar e expandirse, porque co seu crecemento tamén crece e prospera a cidade”, sostivo a alcaldesa de Lugo.
O Fondo Lugo Transforma está constituído polo Concello (que mobilizou 12 millóns de euros) e polas compañías Lence, Norvento Enerxía, Torre de Núñez, Grupo Arenal, Alibos, Candelas, Grupo El Progreso, Dmanán e Torsa capital que incrementaron o fondo inversor con un millón de euros máis.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?