Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Movistar lidera novamente o ranking de operadoras de ADECES e UCGAL
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Movistar lidera novamente o ranking de operadoras de ADECES e UCGAL

S. P.
Publicado: 13/04/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

mobil_usuari3746-5ae89.jpgA plataforma galega de consumidores UCGAL presentou os detalles do XV Estudio dos Servizos de Atención ao Cliente (SAC) dos operadores de telecomunicacións (PDF), un informe de gran utilidade para determinar, no ensarillado de información perpetrado cada día polas empresas do sector e os medios de comunicación, cal sería (con opinións e valoracións independentes dos propios consumidores) a compañía que mellor convén a cada usuario potencial. No estudo destaca unha vez máis o papel despregado por Movistar, que lidera a clasificación global con máis de sete puntos, a atención comercial e a técnica.
valoracion_global_operadoras_ucgal_adeces.jpgAdemais, todos os operadores melloran na atención comercial, pero persisten malas prácticas: por exemplo abuso das chamadas de retorno, petición do DNI ao “non cliente” para acceder á información; ou achegando mala información sobre prazos de instalación e información heteroxénea sobre permanencia e penalizacións. Vodafone, Pepephone, Euskaltel, R e Telecable retroceden na asistencia técnica, ate máis dun punto.
O estudo
Froito do acordo de colaboración con ADECES (Asociación Pro Derechos Civiles, Económicos y Sociales), a UCGAL dá a coñecer o XV Estudo sobre os Servizos de Atención ao Cliente dos operadores de telecomunicacións. Desta volta a investigación estende a reclamación deste servizo ás grandes plataformas dixitais e ás administracións públicas, e emprega como referencia o exame doutros sectores (enerxéticas e seguros).
Valoración global
No informe faise saber que a valoración global sitúa a Movistar na primeira posición superando os 7 puntos. MásMóvil (5,46) e R (5,72), son os que rexistran a puntuación máis baixa. O resto móvense entre os 6 puntos de Pepephone e os 6,40 de Yoigo.
Asistencia técnica
A asistencia técnica penaliza a Vodafone, Pepephone, Euskaltel, R e Telecable con perdas entre 0,29 e 1,16 puntos respecto ao estudo do pasado ano. O principal motivo, en palabras de UCGAL, non é outro que “o tempo investido na resolución de incidencias”. Movistar logra 7,67 puntos. MásMóvil, Pepephone e R non alcanzan os 6. O resto obteñen un máximo de 6,71.
asistencia_tecnica_estudo_adeces_ucgal_operadoras.jpg Na investigación explícase que o tempo empregado na resolución de incidencias vai desde as 51 horas de Movistar ás 119 de Jazztel. Tamén superan as 100 horas Orange, Euskaltel e R; e aproxímase a elas Telecable. Mentres, a resolución remota das incidencias oscila entre o 25% e o 50%. A reiteración de chamadas pola mesma incidencia supuxo un 25% en Movistar, Jazztel, Yoigo, Euskaltel, R e Telecable. No outro extremo, Pepephone (50%). No informe indícase tamén que o tempo máximo de espera de acceso ao servizo rexistrouno R, case 16 minutos. Orange, o que menos, 9 minutos.
Atención comercial
Todos os operadores melloran neste apartado que lidera Movistar con 8,02 puntos. R, Jazztel e MásMóvil móvense na franxa dos 6 puntos. O resto varía entre os 7,03 e os 7,37 puntos. Con todo, persisten malas prácticas, coma os prazos de permanencia. Así, o estudo indica que agás Movistar e Pepephone, o resto dos operadores teñen prazos de permanencia, de 12 meses ou 3 meses. Só MásMóvil e Yoigo facilitan información homoxénea sobre o custo da penalización (181 euros). “A información do resto de operadores é heteroxénea, cun risco de confusión para o usurario, presentando diferenzas na mesma empresa de ata 120 euros”, indícase. O custo da penalización vai dos 40 euros ata os 260. Outra mala práctica sonos prazos de instalación. atencion_comercial_adeces_ucgal_operadoras.jpg
Canles de atención dispoñibles e redes sociais
As canles de atención oscilan entre os 12 de Telecable e os 17 de Movistar, Jazztel e R. Todos facilitan correo electrónico, número 900, móbil, área do cliente, aplicación móbil, correo postal, formulario en liña, redes sociais, tendas, web, número curto e chat (dos que carece Telecable) e chaman se se facilita un teléfono (agás Pepephone). As canles menos ofertadas son a vídeo-chamada e o fax (R en ambos os casos). O teléfono fixo e o asistente virtual ofértano 5 dos 10 operadores. Seis operadores recorren aos foros e sete ao WhatsApp. En canto á presenza en redes sociais, todos ofertan Facebook, Instagram, Twitter, Youtube e Linkedin. Euskaltel, R e Telecable non teñen WhatsApp. Todos os operadores, salvo Jazztel e Vodafone, dispoñen dun blogue na súa web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?