Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A montaña de Lugo colle impulso transformador co seu proxecto de Territorio Rural Intelixente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A montaña de Lugo colle impulso transformador co seu proxecto de Territorio Rural Intelixente

S. P.
Publicado: 13/04/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

territorios_intelixentes_ribeira_piquin.jpgA subdelegada do Gobierno en Lugo, Isabel Rodríguez, e o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, estiveron este xoves 13 de abril no concello de Ribeira de Piquín presentando as posibilidades de desenvolvemento rural que se abren co programa estatal Territorio Rural Intelixente, do que forma parte o concello da montaña luguesa a través do plan Montes e Vales Orientais Territorio Rural Intelixente, que tamén abrangue os concellos de Pontenova, Meira, Pol, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Baleira, Navia de Suarna, Baralla, Becerreá, Cervantes, Láncara e Pedrafita do Cebreiro.
No acto tamén estiveron o vicepresidente primeiro da FEGAMP, Alfonso Villares, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, entre outras autoridades.
O plan é unha iniciativa impulsada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) en colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Rural Montes e Vales Orientais, financiada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. O obxectivo é “a creación de ecosistemas de innovación para a transformación das aldeas en espazos para a vida, o emprego e a autonomía”.
Isabel Rodríguez destacou a necesidade de desenvolver proxectos de innovación social na provincia para facer fronte ao despoboamento do medio rural. “Desde as administracións é urxente traballar para dar resposta a unha responsabilidade común como é o reto demográfico, por eso debemos contribuír ao reequilibrio territorial e garantir a igualdade de oportunidades para que as persoas que viven no medio rural sigan vivindo del, á vez que atraemos e asentamos nova poboación nas nosas vilas”, manifestou a subdelegada.
Isabel Rodríguez felicitou á FEGAMP e ao GDR Montes e Vales Orientais por levar a cabo este tipo de proxectos e ideas pensadas no futuro dos pobos, detectando iniciativas e oportunidades que demostran o coñecemento das necesidades do territorio e os retos aos que se enfronta, tal e como reflicte que dos 13 municipios que conforman este espazo, con máis de 2.500 quilómetros cadrados de territorio, tan só conta con 22.000 habitantes.
O plan comprende tres liñas principais de actuación que consisten na creación dun Centro de Innovación, Emprendemento e Participación Social; un proxecto piloto de vídeo asistencia socio-sanitaria dirixida ás persoas maiores; e a promoción de vivenda de alugueiro para fixar poboación. O GDR abrangue como dixemos os municipios da Pontenova, Meira, Ribeira de Piquín, Pol, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Baleira, Navia de Suarna, Baralla, Becerreá, Cervantes, Láncara e Pedrafita do Cebreiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?