Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN lanza un convite á industria española para tirar proveito do coñecemento xerado polo Polo Aeroespacial de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN lanza un convite á industria española para tirar proveito do coñecemento xerado polo Polo Aeroespacial de Galicia

S. P.
Publicado: 13/04/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20230413gaintelespazio2.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, participou este xoves 13 de abril en Madrid nunha mesa redonda sobre o sector aeroespacial ao servizo dos cidadáns no marco do evento Roadshow 2023 da empresa Telespazio, socia estratéxica e tecnolóxica da Xunta de Galicia no Polo Aeroespacial de Galicia, onde convidou á industria española a “aproveitar o potencial de coñecemento das pemes e centros tecnolóxicos e de investigación do Polo para dar resposta aos seus retos tecnolóxicos a través da Intelixencia Artificial e os sistemas non tripulados”.
Segundo fixo saber Argerey, a Xunta vai lanzar un novo instrumento de apoio que impulsará a compra privada de innovación por parte da industria. Así, concretou, está previsto materializar o novo instrumento en dúas convocatorias (en 2023 e 2024) e vai dirixido a pemes e centros de coñecemento galegos capaces de asinar acordos con empresas demandantes de solucións baseadas no uso de sistemas non tripulados e as tecnoloxías intelixentes que non estean dispoñibles. As empresas compradoras serán os clientes lanzadores e as futuras usuarias das solucións se estas son validadas, engadiu a directora de GAIN, apuntando que “con esta actuación complementarase o efecto tractor da Administración e o impacto da compra pública de innovación no sector”.
Neste novo programa, financiado no marco do programa de Redes Territoriales de Especialización Tecnológica, Retech a través de fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Next Generation UE, e que estará dotado con 11,7 millóns de euros, terán cabida solucións que dean resposta aos retos e necesidades tecnolóxicas identificadas por empresas, tamén os relacionados coa biodiversidade e a preservación do medio ambiente, áreas nas que xa están a traballar compañías como Telespazio ou Avincis no Polo Aeroespacial de Galicia.
Telespazio colabora con Avincis, outro dos socios estratéxicos da Xunta no Polo Aeroespacial, para desenvolver servizos innovadores enfocados á preservación da biodiversidade mediante a obtención e xestión de datos procedentes de diferentes plataformas de observación, como satélites e sistemas non tripulados; así como na aplicación de algoritmia orientada a medir os parámetros relativos ás diversas áreas (ecosistemas, especies, etc.).
O programa contempla o desenvolvemento e posta en servizo dunha infraestrutura dixital aberta de datos xeoespaciais sobre biodiversidade, que suporá “un repositorio de información dixital e cartográfica aberta á comunidade científica e ás Administracións; así como o desenvolvemento de plataformas non tripuladas, algoritmia, sistemas de comunicacións e sensores específicos para este tipo de misións, entre outras actuacións”, engadiu a directora de GAIN.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?