Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Volve o 21 de abril a feira das mulleres científicas e tecnólogas da UVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Volve o 21 de abril a feira das mulleres científicas e tecnólogas da UVigo

S. P.
Publicado: 14/04/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ciencia_de_ida_e_volta_uvigo.jpgA Unidade de Cultura Científica vai celebrar este 21 de abril na praza de Berbés (Vigo) un evento destinado a combater a fenda de xénero no ámbito da investigación, reivindicando as importantes contribucións femininas á totalidade das ramas do coñecemento máis avanzado. Desenvolverase baixo o epígrafe A ciencia que vén ten nome de muller, e terá formato de expo-feira. Trátase da 2ª edición dun evento que na anterior convocatoria foi un éxito de participación (con 400 asistentes). A feira, que tamén terá actividades no edifico Redeiros e no planetario do Instituto Marítimo Pesqueiro, contará coa participación do persoal investigador do centro atlanTTic (UVigo). De feito, da ducia de postos que acollerá o recinto do Berbés, dous contarán coa presencia de persoal investigador de atlanTTic, onde poderán achegar á cidadanía algúns dos seus proxectos.
atlanttic_uvigo_expo2-1280x720.jpg Na presentación da expo-feira, celebrada este xoves 13 no edificio Redeiras, as vicerreitoras Belén Rubio e Mónica Valderrama incidiron no carácter lúdico da iniciativa, coa que a UVigo pretende seguir achegando a ciencia á sociedade dun xeito accesible e divertido. Ambas destacaron o impacto que accións como a expo-feira A ciencia que vén ten nome de muller teñen no grao de coñecemento que a sociedade ten a Universidade de Vigo. “Estes labores de difusión levan anos e esta feira celebrará a semana que vén a súa segunda edición, moi centrada no papel da muller na ciencia que é moi importante. Pero esta é unha carreira moi longa”, dixo Rubio, que destacou a importancia de traballar coas nenas desde que son pequenas para fomentar a vocacións científicas, amosándolles referentes, a través de iniciativas como as charlas que investigadoras da UVigo imparten en centros de primaria e secundaria de toda Galicia.
De Galicia ao espazo; Realidade virtual e realidade aumentada ou A importancia das algas microscópicas mariñas son os títulos dalgúns dos obradoiros que entre as 16 e as 19.30 horas desenvolveranse na praza do Berbés, que ademais contra o mediodía recibirá a visita de escolares e 5º e 6º de primaria dun centro educativo da contorna.
atlanttic_uvigo_expo3-1280x720.jpg Deste xeito, tanto o alumnado, como o público que pola tarde visite a expo-feira poderá somerxese, da man das e dos investigadores da UVigo, a través de obradoiros e experimentos en ámbitos como o medio ambiente, a saúde, a tecnoloxía ou o patrimonio, as liñas temáticas desta edición do evento.
As actividades de A ciencia que vén ten nome de muller completaranse coa conferencia que a partir das 19.15 horas impartirá a investigadora en evolución do cancro do Cinbio da UVigo, Nair Varela Rouco, que fará un percorrido por historias de mulleres relevantes no eido da investigación. Pola súa banda, o Instituto Marítimo Pesqueiro organizará, a partir das 16.00 horas, unha visita ao planetario, guiada polo capitán da Mariña Mercante Adolfo García Campos. Esta actividade ten un aforo limitado a 40 persoas, polo cómpre que os interesados realicen unha reserva.
A expo-feira insírese no programa de actividades 2022-2023 de Ciencia de ida e volta, o plan anual da Unidade Cultura Científica (UCC) da UVigo, que conta cun orzamento de 128.000 euros sufragado con fondos propios e cunha achega da FECYT de 11.000 euros, o que supón un incremento do 29% con respecto ao orzamento de 2021/2022. Formación para o PDI ou as actividades desenvolvidas o 11F co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena e a Ciencia, son algunhas das accións que xa se levaron a cabo este curso ao abeiro do programa Ciencia de ida e volta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?