Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Proxecto Nós dá novos pasos cara ao reto de consolidar o galego na Intelixencia Artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Proxecto Nós dá novos pasos cara ao reto de consolidar o galego na Intelixencia Artificial

S. P.
Publicado: 14/04/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

valentin_ftqyoj4xwaecbpa.jpgValentín García, secretario xeral de Política Lingüística, compareceu este venres 14 de abril no Parlamento (comisión cuarta) para, entre outras cousas, debullar os resultados obtidos polo Proxecto Nós, posto en marcha para consolidar e asegurar a presenza do galego no ámbito da Intelixencia Artificial, e para detallar os vindeiros avances ao abeiro deste proxecto. García, quen compareceu a petición propia, falou do Proxecto Nós, que no marco das estratexias galega, española e europea “persegue o desenvolvemento de tecnoloxías, ferramentas e aplicacións para a proxección e uso de todas as linguas na Intelixencia Artificial”.
valentin__ftqyiodxgaaiyqy.jpgImpulsado inicialmente pola Xunta (a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística) e a Universidade de Santiago, o proxecto, ao que se sumarán proximamente as universidades da Coruña e de Vigo (UDC e UVigo), foi incluído no PERTE Nova Economía da Lingua. Durante este ano, aclarou, presentaranse os seus primeiros resultados para facilitar a presenza e uso do galego no actual panorama tecnolóxico, permitindo a súa incorporación en sistemas xa existentes e posibilitando así a interacción en lingua galega con todo tipo de dispositivos intelixentes.
Tamén avanzou que as ferramentas resultantes, como sistemas de síntese de voz ou de tradución automática, “poderán ser empregadas tanto por institucións públicas, organizacións e empresas como polo público xeral, potenciando desde modo o uso do galego no ámbito dixital e, polo tanto, nas novas interaccións sociais”.

Impulso do galego

O Proxecto Nós é unha iniciativa emarcada na Estratexia Galega de Intelixencia Artificial que mobilizará un investimento de 15,5M€, “o maior investimento directo na promoción do galego en toda a historia”, sinalou Valentín García recentemente, quen tamén lembrou que se trata dun proxecto cuxo período de materialización será de catro anos.
De Nós abrollarán a curto e medio prazo seis dos oito subproxectos nos que se divide, centrados na síntese de voz, no recoñecemento da fala, na xeración automática de textos, nos sistemas de diálogo, na tradución automática e na corrección e avaliación lingüística.
O obxectivo final polo que traballan os diferentes expertos do ámbito da lingua e da tecnoloxía é “permitir á cidadanía galega interactuar con asistentes de voz, contar coa subtitulación automática de contidos audiovisuais, cun apoio ao diagnóstico médico, con servizos de teleasistencia avanzada e coa tramitación administrativa a través de asistentes virtuais, entre outras accións, na nosa lingua”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?