Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra achega seis novos obradoiros tecnolóxicos para pemes e autónomos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra achega seis novos obradoiros tecnolóxicos para pemes e autónomos

S. P.
Publicado: 17/04/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

smartpeme_900x600-4.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPEME de capacitación e transformación tecnolóxicas para pequenas e medianas empresas e persoas autónomas, oferta ata o xoves 20 de abril seis novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As accións centraranse en ciberseguridade, na visualización orgánica en buscadores, na emisión de eventos en liña de xeito profesional e na optimización do cociente de conversión, entre outras cuestións.
Este 17 de abril celebrarase o obradoiro Ciberseguridade, dispositivos móbiles, para coñecer a importancia de protexer estes trebellos de uso diario, que están a desprazar aos PC na xestión cotiá dos negocios. Impartirao Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D.
Mañá martes 18 ás 12:00 horas, celebrarase o obradoiro CRO: Como mellorar as ventas da túa web. Nel, as persoas participantes aprenderán a identificar o concepto do CRO (Optimización do Cociente de Conversión) e técnicas básicas para transformar visitantes ao sitio web en clientes. O taller estará impartido por Esther Garcinuño, enxeñeira técnica en Informática con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
O mércores 19, SmartPEME organiza dúas actividades. A primeira delas será ás 11:00 horas, Copywriting para empresas turísticas e nela as persoas participantes coñecerán as técnicas de escritura que se poden aplicar para crear textos de venda, empregando palabras que conecten coas persoas viaxeiras para convertelas en clientes do destino, aloxamento ou actividade turística. Patricia Cabaleiro, posgraduada en Turismo e con máis de dez anos de experiencia no sector turístico, impartirá este obradoiro.
Xa pola tarde, ás 18:00 horas, será a quenda do obradoiro Iniciación ao SEO I: Conceptos, palabras clave e primeiros pasos, que achegará ao alumnado os conceptos básicos da visualización orgánici en buscadores para aumentar o tráfico á web da nosa empresa ou da nosa actividade profesional, con referencia ás palabras clave, os factores SEO na páxina web. Impartirao Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual cunha ampla experiencia e traxectoria profesional no asesoramento de empresas no ámbito da comunicación dixital e a mercadotecnia online.
Por último o xoves 20 tamén están previstos dous cursos. Ás 11:00 horas celebrarase a sexta sesión de Como emitir o teu evento en liña de maneira profesional, centrado en mellorar os eventos en liña que se realizan cos e coas clientes, a difusión do contido e, en xeral, calquera comunicación empresarial online. Abordarase o uso da cámara e o audio virtual e a integración de Zoom en OBS. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo formación.
E ás 17:00 celebrarase o taller Apps para axendar citas no teu negocio, dirixido a axudar as persoas participantes a coñecer as ferramentas en liña para automatizar os procesos de calendarización de citas, os seus tipos e as súas vantaxes. Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa, será a encargada de ofrecer este obradoiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?