Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación Diego González Rivas impulsará a Visión Artificial e a Realidade Aumentada nas intervencións cirúrxicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación Diego González Rivas impulsará a Visión Artificial e a Realidade Aumentada nas intervencións cirúrxicas

S. P.
Publicado: 17/04/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

fundacion_diego_gonzalez_rivas_cirurxia.jpgEsta semana vai comezar oficialmente a súa andaina a Fundación Diego González Rivas, unha iniciativa destinada a salvar vidas empregando a fondo as tecnoloxías máis innovadoras. Farao concretamente este xoves 20 de abril, a través dunha xornada de presentación de obxectivos na Coruña, no Work Café Santander, e cunha actividade deportivo-solidaria convocada ao día seguinte, o venres 21, coa Carreira da Luz en Oleiros (cuxa recadación irá dar á entidade que leva o nome do doutor Diego González Rivas).
Os porqués da iniciativa
A creación da Fundación Diego González Rivas é o seguinte paso da axuda humanitaria que vén realizando o doutor Diego González desde hai máis de dez anos. Responde, ademais, á necesidade de dotar esta axuda dun soporte e dunhas ferramentas capaces para que a institución poida chegar a máis lugares do mundo e para dar apoio económico a persoas que non poden acceder á súa técnica Uniportal VATS, baseada en Visión Artificial, por falta de recursos.
A fundación pretende ser o instrumento que impulse un novo modelo que permita operar nunha unidade móbil de cirurxía na que o doutor poida realizar, con todas as garantías, aquelas cirurxías que non poden abordarse, por falta de recursos, en países en vías de desenvolvemento.
Un aspecto fundamental para a fundación é traballar proxectos de Investigación, Desenvolvemento e innovación (I+D+i), a través de subvencións tanto europeas como nacionais, para conseguir materializar proxectos de investigación en áreas como a Visión Artificial, a Realidade Virtual e Aumentada, os robots cirúrxicos e a Nanotecnoloxía.
Segundo informan fontes da fundación, a Visión Artificial está a ser empregada para mellorar a precisión e eficiencia das operacións, mediante o uso de algoritmos de recoñecemento de imaxes e aprendizaxe automática que axudan aos cirurxiáns para identificar e tratar con precisión tumores e tecidos saudables. Ademais, a VAI tamén se emprega para planificar e guiar procedementos cirúrxicos e mellorar a monitoraxe do paciente durante e despois da cirurxía.
Polo que respecta á Realidade Aumentada (RA) e a Realidade Virtual (RV), melloran a eficiencia e resultados das operacións, grazas ao uso de tecnoloxías como a superposición de imaxes e o modelado 3D que permiten aos visualizar información importante en tempo real durante a cirurxía.
O doutor Diego González Rivas é un cirurxián coruñés que loita contra o cancro de pulmón e a dor en hospitais do mundo enteiro. A súa revolucionaria técnica, coñecida como Uniportal VATS, permite operar a cavidade torácica practicando un pequeno orificio intercostal, ás veces mesmo con anestesia local, e facilita aos pacientes a volta a casa e á vida normal ás corenta e oito horas.
Programa do acto deste xoves
17.30 Inicio do acto, presentado polos xornalistas Pablo Portabales e Loreto Silvoso.
17.35 Intervención do presidente da Fundación.
17.55 Proxección vídeo sobre a primeira acción da fundación.
18.10 Conexión en directo coa primeira paciente da fundación. Entra Yajaira desde Perú.
18.15 Explicación proxectos para 2023.
18.20 Conexión en directo con Serra Leona.
18.25 Agradecementos e foto de familia co presidente e os Patróns da Fundación.
18.30 Viño español

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?