Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG convoca unha xornada de debate arredor de Ponte nas Ondas!
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG convoca unha xornada de debate arredor de Ponte nas Ondas!

S. P.
Publicado: 17/04/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

dia_mundial_da_radio_ponte_nas_ondas.jpgA Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG) organiza este 18 de abril ás 19:00 horas, no Edificio Francisco Sánchez de Tui, unha nova sesión do ciclo In Situ dos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural. Porá o foco en Ponte nas Ondas!, iniciativa compartida de dous países irmáns, Galicia e Portugal, para preservar os seus tesouros inmateriais a través das novas canles de difusión, poñendo o foco en formatos innovadores e colaborativos (principalmente podcast, espazos web, audiovisuais ou redes sociais, entre outros).
Baixo o título Ponte… nas Ondas!: boas prácticas do patrimonio inmaterial, a actividade busca poñer en valor e divulgar a experiencia do proxecto do mesmo nome (PNO).
A xornada, organizada coa colaboración do Concello de Tui e de PNO, está coordinada por Rebeca Blanco-Rotea e Santiago Veloso. A sesión non se poderá seguir en directo, pero será gravada e estará proximamente dispoñible na hemeroteca do CCG.
O programa
A sesión comezará co relatorio de Santiago Veloso, impulsor de Ponte… nas Ondas!, que achegará aos participantes ao modo en que xurdiu a iniciativa e os motivos que hai detrás da súa posta en marcha.
A continuación, Álvaro Campelo, da Universidade Fernando Pessoa do Porto, afondará na candidatura ao Rexistro de Boas Prácticas co Patrimonio Inmaterial da UNESCO, así como nas principais chaves que se teñen en conta para o recoñecemento desta práctica. A análise do patrimonio inmaterial nos espazos fronteirizos será o tema central sobre o que falará o profesor da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro Xerardo Pereiro. Após as súas intervencións, os tres relatores participarán na mesa redonda O futuro dun proxecto compartido, moderada pola xornalista e escritora María Xosé Porteiro.
Un modelo de ensinanza referente
O programa Ponte… nas Ondas!, impulsado pola asociación cultural e pedagóxica co mesmo nome que coordina o profesor Santiago Veloso, naceu hai 27 anos nos centros educativos do sur de Pontevedra e do Alto Minho e desde entón non deixou de medrar co obxectivo de salvagardar o patrimonio cultural inmaterial na fronteira portuguesa-galega mediante a creación de espazos nos que o patrimonio pode practicarse e transmitirse ás xeracións máis novas.
O proxecto é unha iniciativa transfronteiriza que promove o intercambio lingüístico entre centros de ensino da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Ten o apoio tamén da Secretaría Xeral de Política Lingüística (Consellería de Cultura), de cuxa colaboración teñen abrollado iniciativas como o Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez (O Vello dos Contos) ou outras iniciativas que poñen o foco nas novas ferramentas dixitais.
Debido ao seu labor, no ano 2022 o proxecto Ponte…nas Ondas! foi inscrito no Rexistro de Boas Prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO. A revisión da súa candidatura, así como das actuacións levadas a cabo no seo do propio proxecto, serán cuestións sobre as que se profundará ao longo da xornada do CCG.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?