Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A transformación do sector galego do mar centrou unha nova xornada de GAIN
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A transformación do sector galego do mar centrou unha nova xornada de GAIN

S. P.
Publicado: 18/04/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20230418condeconectamar1.jpgO Círculo de Empresarios de Galicia acolleu este martes este 18 de abril un encontro profesional arredor da transformación tecnolóxica do noso sector pesqueiro e marisqueiro. Organizado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) ao abeiro do seu Programa de Impulso á Innovación das Pemes, o Evento Conecta Mar. A innovación da industria convocouse coa misión de achegar as novas ferramentas e recursos aos diferentes axentes que forman parte do sector en Galicia.
A cita contou coa presenza da directora de GAIN, Patricia Argerey, e do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Francisco Conde, quen salientou que “Galicia busca abrir o camiño a novas pemes da cadea mar-industria para que fagan da innovación o seu sinal de identidade”.
Na xornada participaron Iberconsa como empresa tractora, ANFACO-CECOPESCA como centro tecnolóxico de apoio e axente coñecedor do sector e da tecnoloxía que o rodea, e 10 pemes deste ámbito Esencia Atlántica, Ángel Diz Lorenzo, Eiga (Estándar Gestión Alimentaria), Eurored, Syntelix Avances Tecnológicos, Alfogar, Userrob, Cofrico, Asociación Afripez e Muutech.
Con esta xornada concluíu o primeiro dos foros de innovación por sectores e cadeas de valor prioritarias na Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) que se prevé celebrar dentro do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes. Previamente, os participantes traballaron en conxunto na identificación de retos do sector e plans de actuación para dar resposta aos mesmos a través da innovación.
Segundo salientou o vicepresidente primeiro, a iniciativa permite ás pemes iniciarse na innovación de forma guiada, cun plan estruturado e uns obxectivos focalizados, mentres que a empresa tractora ten a oportunidade de fortalecer o seu ecosistema local. Conde, que avogou por “universalizar esta forma de traballar na cadea mar-industria”, apuntou que “non só as grandes compañías exercen como tractoras, senón que precisan das pemes para dar resposta aos seus retos tecnolóxicos”. Entre os retos identificados nas fases de traballo previo desta iniciativa, atópanse, tal e como lembrou o conselleiro, a sustentabilidade, a eficiencia ou a mellora dos procesos e os produtos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?