Vodafone fixo balance da súa folla de ruta en Galicia en materia de despregadura de 5G, que é como se denomina á quinta xeración de tecnoloxía de comunicacións móbiles, que permite a conexión á rede de múltiples dispositivos e que impulsa a velocidade de conexión e a transmisión de datos, entre outros elementos. Segundo fixo saber a operadora, “ata 138 municipios galegos estarán conectados coa mellor rede 5G de Vodafone na frecuencia de 700MHz de forma progresiva ata final de ano”.
Máis de 2,2 millóns de galegos poderanse beneficiar dunha mellor cobertura especialmente en interiores de edificios e gran dispoñibilidade de largo de banda e de transmisión de datos, tamén en contornas rurais e pequenas localidades.
Dos 138 municipios con rede 5G, o 88,4% conta con menos de 25.000 habitantes.
Algúns dos novos municipios que comezarán a gozar das vantaxes do 5G son os seguintes:
– Na provincia de Lugo: Baralla, Burela, Castro de Rei, Chantada, O Corgo, Guitiriz, Monforte de Lemos, Navia de Suarna, As Nogais, Outeiro de Rei, Pedrafita do Cebreiro, Portomarín, O Saviñao e Sober.
– Na provincia de Pontevedra: Bueu, Cangas, A Cañiza, Catoira, Lalín, A Lama, Moaña, Mondariz, Ponteareas, Redondela e Vilagarcía de Arousa.
– Na provincia de Ourense: Allariz, A Bola, O Carballiño, Lobios, Oímbra, Padrenda, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, Ribadavia, A Rúa, Rubiá, Verín e Xinzo de Limia.
– Na provincia da Coruña: Aranga, Ares, Arteixo, Boimorto, Cariño, Carnota, Cerceda, Coirós, Curtis, Fisterra, Laxe, Lousame, Malpica de Bergantiños, Mugardos, Ortigueira, Oza-Cesuras, Rianxo, Ribeira e Val do Dubra.
Vodafone explica que esta despregadura ampliará pegada efectiva de cobertura da operadora, en ambas as frecuencias (700MHz e 3700MHz), alcanzando a un maior número de habitantes en Galicia. Os fogares beneficiados poderán descargar contidos 5 veces máis rápido que con 4G, navegar cunha menor latencia e ter un maior número de dispositivos conectados de forma simultánea sen perder calidade, tamén en interiores de edificios. Tamén verán como mellora a calidade das chamadas de voz.
“En liña co noso propósito de conectar por un futuro mellor, a rede 5G chegará este ano a novos municipios como Redondela, Burela e Castro de Rei. Este nova despregadura de rede 5G supón para a Comunidade un fito na dixitalización de empresas, cidadáns e administracións, non só en grandes e pequenas cidades, senón tamén en localidades menos poboadas e zonas rurais”, afirma Francisco Vallejo, director territorial de Vodafone na zona norte. Ademais, Vallejo engade que “este fito é mostra do noso compromiso por reducir a fenda dixital do noso país e achegar a conectividade a todos os cidadáns”.
A operadora anunciou que continuará despregando a súa rede 5G este ano, alcanzando ao 65% da poboación na frecuencia de 700 MHz e ampliando o seu alcance na frecuencia de 3700 MHz.
138 municipios galegos disporán da rede 5G de Vodafone ao longo do ano
Compartir Este Artigo

