Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae achéganos a cuarta edición do seu curso sobre desenvolvemento seguro ante ciberataques
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae achéganos a cuarta edición do seu curso sobre desenvolvemento seguro ante ciberataques

S. P.
Publicado: 19/04/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cibercrime_ciberameazas_ciberseguridade.jpgA ciberseguridade será, cada vez máis, un tema do que escoitaremos falar e que teremos que moi en conta para realizar o noso traballo. É máis: a especialización en protección de sistemas, tecnoloxías e información será un bo xeito de converternos en bos profesionais e de incrementar a nosa empregabilidade e a nosa excelencia profesional. Con todo, estamos a falar dun dos ámbitos tecnolóxicos que máis adestramento continuo e actualizado require, pola súa natureza e pola renovación constante, parella, daquilo contra o que nos enfrontamos: as ciberameazas. Vitae Consultores bótanos unha man nesta cuestión coa cuarta edición do curso Desenvolvemento seguro ante ciberataques.
Serán 24 horas de formación impartidas a través da aula virtual (con clases en directo) da consultora galega. Celebrarase os días 22, 23, 24, 25, 29, 30 e 31 de maio e o 1 de xuño, en horario de 16.30 a 19.30 horas.
Vitae ponnos en situación do seguinte xeito: “Trátase dun curso completamente práctico no que os alumnos poderán aprender, mediante exercicios e exemplos, como se producen as vulnerabilidades en aplicacións desenvolvidas en diversas linguaxes de programación. Ao longo dos módulos que compoñen a formación, explicarase en detalle cada un dos puntos, todo con exemplos doados de seguir e probar por medio do uso de máquinas virtuais”.
O curso está dirixido a profesionais que teñan coñecementos previos sobre desenvolvemento de software, sen importar a linguaxe ou a plataforma, xa que tanto as vulnerabilidades como as técnicas de detección e explotación que se mostran, teñen aplicabilidade en calquera tipo de aplicación web sen importar a linguaxe utilizada para a súa construción”.
Os contidos serán impartidos por Daniel Echeverri, enxeñeiro de Sistemas, mestrado en Software Libre e formador e investigador de seguridade informática e hacking. Coñecido co alcume dixital de Adastra, é un reputado relator de múltiples eventos de España e Latinoamérica. É autor do blog Thehackerway.com e dos libros Python para Pentesters, Hacking con Python e Deep web – Privacidad e anonimato en TOR, I2P e Freenet, publicados por OxWord, así como do libro 25 Técnicas aplicadas a campañas de Red Team e Hacking, autopublicado.
Na súa traxectoria profesional desempeñou dende hai máis de 18 anos actividades de desenvolvemento e arquitectura de software, administración de servidores, pentesting, hardening de sistemas e formacións tanto para organizacións públicas como privadas como Accenture, Ibermática, Plexus, BBVA, Policía Nacional, Exército de Terra, Renta4, Mutua Madrileña, INECO, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?