Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A fibra óptica de Movistar chegará a finais de ano ao 95% dos fogares e empresas de Marín
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A fibra óptica de Movistar chegará a finais de ano ao 95% dos fogares e empresas de Marín

S. P.
Publicado: 19/04/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concello_marin.jpgO 88% de todas as unidades inmobiliarias de Marín (12.286 domicilios particulares e empresas) xa están conectadas á fibra óptica de Movistar, tal e como informou este 19 de abril a coordinadora de despregadura de FTTH (acrónimo de fibra ata o fogar) de Galicia, Patricia Rodiño, no transcurso dunha reunión con representantes do equipo do Goberno municipal.
Rodiño engadiu que ao longo deste ano conectaranse á fibra óptica de Movistar 1.100 unidades inmobiliarias máis, alcanzando así o 95% de cobertura sobre a planta total de vivendas e empresas de Marín. Ademais, e tal e como explicaron as responsables de Telefónica á alcaldesa, “na actualidade tanto o núcleo urbano como o porto teñen xa unha cobertura do 100%”.
A despregadura está a levarse a cabo con recursos propios da compañía e en colaboración co Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, dentro de Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión-banda larga (ÚNICO).
Telefónica pechou o ano pasado con cerca do 70% da poboación galega con acceso a fibra óptica, superando o millón e medio de fogares e negocios con acceso ás súas redes ultrarrápidas e, no caso da provincia de Pontevedra, co 74,9% da poboación cuberta.
Segundo explicou a operadora sobre as posibilidades que se abren coa súa tecnoloxía FTTH, esta permite aos clientes dispoñer de velocidades simétricas (subida e baixada) da Internet a 1 Gbps ou de televisión en alta definición, ademais de opcións de teletraballo, gaming, educación ou trámites administrativos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?