Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo (UVigo) colabora na nova edición de Galiciencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo (UVigo) colabora na nova edición de Galiciencia

S. P.
Publicado: 20/04/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

turbina_escola.jpgGaliciencia, a feira científico-tecnolóxica da nosa mocidade promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) vai contar este ano coa imporante colaboración da Escola de Enxeñaría Aeronáutica da Universidade de Vigo, amosando ás novas e novos investigadores como funcionan os drons e as posibilidades que ofrecen, como se acada a propulsión dos foguetes ou como se desenvolven os minisatélites. Esta 18ª edición da Galiencia vaise celebrar o 10, 11 e 12 de maio coa temática Aeronáutica e Aeroespacial. Na nova convocatoria tamén colaborará o Instituto de Investigación Universitario en Física e Ciencia Aeroespacial, situado (como a Escola de Enxeñaría Aeronáutica) no Campus de Ourense.
simulador_voo1_escola.jpgA Escola vai aportar varios membros do xurado encargado de elixir os proxectos gañadores desta edición. Ademais, instalará un stand propio no que alumnado do centro amosará aos participantes en Galiciencia como funcionan os drons, a propulsión de foguetes, o desenvolvemento de minisatélites…, ao tempo que se lles facilitará información sobre o que se pode aprender no grao en Enxeñaría Aeroespacial, tendo en conta que se trata dunha industria punteira en España e na que Galicia está a realizar unha aposta moi importante.
nave_tunel_escola.jpg Nieves Lorenzo, profesora e secretaria da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da UVigo, ademais de responsable de Igualdade do centro, salienta que están a traballar moito na incorporación das mulleres ás enxeñarías, a través da promoción, visibilización e posta en valor de referentes femininos no eido STEM. Como resultado, este curso o grao en Enxeñaría Aeroespacial logrou que o 45% do alumnado de primeiro ano sexan mulleres. “En toda España non hai un grao en enxeñaría técnica con estas cifras, están todos por debaixo do 20%”, comenta, engadindo que “o grao de Enxeñaría Aeroespacial é moi interesante xa que forma profesionais capacitados para exercer nun sector emerxente”. Segundo apunta Nieves Lorenzo, a industria aeroespacial ten pouco máis de 100 anos pero “ten impulsado moitas das revolucións tecnolóxicas do século XX, as súas innovacións favorecen ao conxunto da sociedade; só temos que pensar na enorme cantidade de obxectos que na actualidade empregan semicondutores, materiais compostos e moitas outras innovacións desenvoltas principalmente por esta industria, xunto á realización de misións científicas”.
minisatelite_escola.jpg Pola súa parte, o profesor da Escola Higinio González destaca que “o sector aeroespacial permite, por exemplo, a mobilidade intercontinental de persoas e mercancías en tempos reducidos, a observación da Terra desde o espazo para realizar predicións meteorolóxicas, a navegación con dispositivos móbiles, as comunicacións en lugares remotos, a vixilancia de fronteiras ou a realización de operacións complexas de busca e rescate”. Remarca que “a industria aeroespacial, pioneira desde un punto de vista tecnolóxico, é un dos xeradores de PIB máis importantes de Europa e España (6.8% do PIB industrial español en 2020), pero enfróntase a grandes retos que debe superar nos vindeiros anos como a integración de aeronaves tripuladas e non tripuladas no espazo aéreo; a aviación con cero emisións; ou os retos que comporta a explotación comercial do espazo, como o abaratamento dos lanzamentos ou a xestión do lixo espacial, entre outros”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?