Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Feiraco lanza nas redes o movemento Falarei! para promover o galego nas Letras Galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Feiraco lanza nas redes o movemento Falarei! para promover o galego nas Letras Galegas

S. P.
Publicado: 21/04/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

caixas_de_leite_feiraco_coa_iniciativa_falarei_-_letras_galegas.jpgAchégase o Día das Letras Galegas, 17 de maio, e a empresa láctea galega Feiraco (integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN, con sede no concello coruñés de Ames), acaba de poñer en marcha unha campaña para render homenaxe ao escritor de Lourenzá Francisco Fernández del Riego, elixido este ano para festexar esta data. A dita proposta de Feiraco quer axudar a cumprir o desexo do autor galego: “Soño unha Galicia ideal que no meu tempo non se realizou, pero pode realizarse no futuro”, declaración de Francisco Fernández en alusión á falta de uso do galego.
caixas_leite_semidesnatado_falarei_listas_para_enviar_a_tendas_de_galicia.jpg Perante esta situación, Feiraco con vontade de solucionar este problema, idea unha vaca que chega do futuro cunha mensaxe e unha misión para todas e todos nós. E así o comunica nas caixas de leite enteiro, semidesnatado e desnatado coa ilustración dunha vaca con lentes que vén do futuro pero aínda sen desvelar a historia completa. Para saber máis, un código QR leva á páxina da iniciativa falarei.gal, que amosa só unha parte da historia, que se descubrirá na súa totalidade o 2 de maio. Será entón cando Feiraco divulgue un vídeo co desembarco desta vaca do futuro nun prado galego para lanzar a súa mensaxe de advertencia e unha solución para os galegos e galegas.
Nesta web aparecen agora titulares reais publicados nos medios de comunicación nos últimos anos, mesturados con outros ficticios que amosan o futuro que pode encarar o noso idioma de continuar as actuais tendencias decrecentes de uso.
A resposta para Feiraco está no seu movemento Falarei!, un movemento colectivo que propón esta campaña a través desta vaca, buscando o compromiso da sociedade co noso idioma, a través dun sinxelo e divertido xesto: poñer unhas lentes de sol (ou empregar o seu filtro exclusivo de Instagram) e subir un vídeo ás redes sociais dicindo: Eu falarei!.
Este movemento xa está a ter impacto nas redes sociais e cada vez son máis os galegos e as galegas que se suman ao mesmo lanzando un berro en defensa da lingua. Asemade, participar neste reto ten premio, xa que @s 300 primeir@s que se inscriban na web falarei.gal recibirán unhas lentes de sol Falarei! de balde.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?