Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Ciclo Aida Fernández Ríos porá o foco na intelixencia artificial e nas comunicacións do futuro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Ciclo Aida Fernández Ríos porá o foco na intelixencia artificial e nas comunicacións do futuro

S. P.
Publicado: 24/04/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ciclo_aida_fernandez_rios.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra promoven a cuarta edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, froito dun convenio de colaboración entre as dúas entidades. O obxectivo é “conectar ao gran público con temas de actualidade científica que teñen unha notable”. Tamén se busca, con esta iniciativa conxunta, mostrar “o importante labor de investigación que se leva a cabo na nosa comunidades en diferentes eidos”. Desenvolverase ao longo de maio e xuño. Tocaranse temas como as múltiples aplicacións da intelixencia artificial. Tamén cuestións como as novas estratexias terapéuticas, as comunicacións do futuro, a evolución do cancro ou o uso de combustibles sustentables.
A Real Academia Galega de Ciencias puxo en marcha este ciclo no ano 2020 en homenaxe á investigadora, bióloga oceanógrafa e académica Aida Fernández Ríos, falecida en 2015, co propósito xeral de difundir a ciencia e a tecnoloxía. O presidente da RAGC, Juan Lema, manifestou o seu “agradecemento á Deputación de Pontevedra, en particular á súa presidenta, Carmela Silva, pola súa implicación a prol da divulgación científica, colaborando coa Academia como axente activo”.
O ciclo terá un primeiro bloque de seis sesións online dirixidas ao público en xeral, coa participación de oito recoñecidos expertos e expertas que desenvolven o seu labor en Galicia.
As primeiras conferencias do ciclo serán o 4 de maio. Concepción González Bello, catedrática de Química Orgánica do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago, falará sobre os retos e as novas estratexias terapéuticas fronte ás superbacterias. Pola súa parte, María de la Fuente Freire, xefa do grupo de Nano-Oncoloxía e Terapeútica TraslacionaI do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), abordará a nanotecnoloxía para o desenvolvemento de medicamentos innovadores e avanzados co fin de poder dar resposta a necesidades médicas non cubertas.
O 11 de maio intervirá Marta López Cabo, científica do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) de Vigo, que afondará nas bacterias patóxenas de transmisión alimentaria. Jesús López Romalde, catedrático de Microbioloxía, investigador do Centro Interdisciplinar de Investigación en Tecnoloxías Ambientais da USC, centrarase nos virus entéricos en moluscos e vexetais como un reto de seguridade alimentaria.
Na xornada do 25 de maio contarase coa participación de Jacobo Porteiro Fresco, catedrático da área de máquinas e motores térmicos da Escola de Enxeñaría Industrial e investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo. Explicará a importancia dos combustibles sustentables para un futuro descarbonizado.
O 1 de xuño o relator será Marcos Curty Alonso, catedrático de Teoría do Sinal e Comunicacións da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e investigador do Vigo Quantum Communication Center da Universidade de Vigo. Achegarase a como serán os ordenadores e as comunicacións do futuro.
A xornada do 8 de xuño estará dedicada ás aplicacións da intelixencia artificial. Ana Freire Veiga, profesora da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona, abordará como a intelixencia artificial pode contribuír positivamente á saúde mental.
A derradeira conferencia deste bloque terá lugar o 15 de xuño, da man de David Posada González, catedrático de Xenética e investigador do Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo. Falará sobre a evolución das nosas células e por que se producen os tumores.
A inscrición para participar gratuitamente en todas as conferencias debe realizarse a través da web da Deputación de Pontevedra. Os participantes poderán solicitar un certificado de asistencia.
O ciclo tamén fomenta as vocacións científicas nos centros de ensino
O ciclo consta dun segundo bloque de conferencias en institutos de Secundaria e Bacharelato, que se celebrarán entre os meses de setembro e decembro deste ano. Estas charlas teñen como finalidade achegar a ciencia á poboación máis nova e fomentar as vocacións científicas. Impartiranas recoñecidas investigadoras galegas, que abordarán temas moi atractivos para a rapazada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?