Este martes 25 de abril a Cidade da Cultura (monte Gaiás, Santiago) vai acoller unha das paradas da xira Huawei Enterprise Roadshow 2023, no que o xigante tecnolóxico chinés mostra as posibilidades das súas tecnoloxías para a transformación de empresas, institucións, administracións e cidadanía.
A recalada de Huawei Technologies en Santiago, co-organizada polo grupo galego Itelsis (partner de Huawei), forma parte dun percorrido de oito cidades pola xeografía española (Sevilla, Málaga, Madrid, Santiago, Villanueva de la Cañada, Bilbao, Barcelona, Valencia), no que se van dar a coñecer os últimos produtos do grupo chinés, que inclúen redes de campus, centros de procesamento de datos, servizos na nube e ferramentas de xestión e comunicación para gobernos, educación, sanidade, ISP, finanzas, transporte, manufactura, transporte ou sector retallista.
A cita de Santiago dará comezo ás 10.00 co café de benvida, estando prevista ás 10.30 a apertura institucional, a cargo de Marta Abal,Concelleira de Economía, Facenda e Modernización da Administración Local do Concello de Santiago; Gumersindo Feijóo, vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da Universidade de Santiago; e Julián Cerviño, director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Xunta de Galicia). Máis tarde será a quenda das presentacións de Huawei e Itelsis.
Huawei mostra as súas tecnoloxías máis avanzadas este martes no Gaiás (na compaña de Itelsis)
Compartir Este Artigo

