Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arrinca o 2º programa de emprendemento de SmartPEME con oito mulleres innovadoras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arrinca o 2º programa de emprendemento de SmartPEME con oito mulleres innovadoras

S. P.
Publicado: 25/04/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

programa_emprendemento_barro_1.jpgOito mulleres de Pontevedra, Salvaterra, Sanxenxo, Vigo e Vilagarcía de Arousa están a participar xa na segunda edición do Programa de Emprendemento de SmartPEME (programa de capacitación tecnolóxica da Deputación de Pontevedra) no Viveiro de Empresas situado no Polígono de Barro. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Barro, Xosé Manuel Abraldes, visitou este martes 25 de abril as instalacións para coñecer de primeira man os proxectos das oito emprendedoras, que están a recibir (durante tres meses), formación e asesoramento por parte do equipo profesional de SmartPEME.
Os contidos, entre outros temas, poñen o foco nas claves para mellorar a competitividade, manexar as novas tecnoloxías, crear plans de empresas e de mercadotecnia ou tamén unha identidade corporativa. NA xornada deste martes tamén participaron nunha sesión de LEGO Serious Play.
Carmela Silva puxo en valor o feito de que todos os proxectos estean liderados por mulleres porque “no ámbito da economía temos moitos pasos que dar, e temos que seguir sendo moitas máis mulleres para poder chegar á metade, xa que eles aínda son moitos máis” malia que “as mulleres sexamos máis do 60% das persoas tituladas universitarias e, polo tanto, a maioría do talento”.
O alcalde de Barro, Xosé Manuel Abraldes, deu os parabéns ás participantes e asegurou que “é un orgullo que teñamos en Barro este edificio que funciona como núcleo central de apoio ás persoas emprendedoras, e ademais dentro dun polígono que segue medrando e enchéndose de actividade económica”.
No programa participan Sonia Limés, de Pontevedra (coa empresa Alecrín Atención Temprana), Beatriz Amorín, de Pontevedra (con BAmorin, proxecto de ioga), Susana Rodríguez, de Salvaterra (co proxecto Hiar, Artesanía en Estampado Botánico), Patricia Josefina Hernández, de Pontevedra (coa firma de sobremesas en tarros Dulces Prodigios), María Agustina Pereira, de Vigo (Gestión Integral de Subvenciones, empresa que axuda a pemes e persoas autónomas a impulsar os seus negocios), Ángeles Oubiña, de Vilagarcía (cun proxecto para elaborar un produto de protección UV), Eloísa Puig, de Pontevedra (con Musggo Yoga), e Aida Mascato, de Sanxenxo (con Carmencitas, dedicada á produción de tortas e doces e organización de eventos).
O programa conta con dúas fases. Por unha banda, o desenvolvemento de actividades de capacitación, compostas por distintos obradoiros enfocados á creación dun plan de empresa, mercadotecnia dixital, web, desenvolvemento de habilidades empresariais ou finanzas. Estas sesións, dinámicas e innovadoras, buscan potenciar os proxectos e favorecer tanto a colaboración como a creación de sinerxías co resto de persoas participantes. A segunda fase será a de mentoring, que constará de sesións de traballo individualizadas con persoas asesoras expertas en emprendemento, novas tecnoloxías e imaxe dixital (todas elas adaptadas ás necesidades de cada proxecto). O itinerario suma un total de 60 horas de actividades presenciais e virtuais, segundo as necesidades das persoas participantes. As presenciais desenvólvense no Centro Provincial de Economía Dixital de SmartPEME no Viveiro de Empresas de Barro, para colaborar no fomento do emprendemento rural e favorecer a creación dunha economía social e sustentable.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?