Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación e a UDC dan o impulso definitivo ao pioneiro estudo audiovisual virtual da Cidade das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación e a UDC dan o impulso definitivo ao pioneiro estudo audiovisual virtual da Cidade das TIC

S. P.
Publicado: 25/04/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_udc_cidade_das_tic_sinatura_convenio_plato_virtual.jpgO presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, asinaron este 25 de abril o convenio de colaboración para a cesión dos terreos na Cidade das TIC onde se vai construír o edificio onde se situará o proxecto Ecosistema dixital do sector audiovisual de Galicia, un plató virtual destinado a consolidar a puxante actividade das firmas creadoras e divulgadoras de novos contidos da nosa terra.
En concreto, o convenio ten por obxecto a cesión de uso á Deputación da parcela Z-2.2 definida no Estudo de detalle para ordenamento dos volumes da Cidade das TIC aprobado polo Concello da Coruña na sesión plenaria celebrada o 2 de marzo de 2023, cunha superficie de 5.184 metros cadrados para o desenvolvemento do dito proxecto Ecosistema dixital. Este ecosistema, destacaron Formoso e Abalde, inclúe a instalación dun estudo audiovisual virtual de características únicas en España cunha extensión de 750 metros cadrados.
A un nivel máis concreto, detallaron que os estudos contarán cun escenario con macropantalla LED que permitirá realizar a función de escenario virtual, e o resto vai estar asignado a funcións auxiliares deste plató principal, un espazo de case 200 metros cadrados para o acceso e as circulacións, camerinos, vestiarios, unha sala de maquillaxe e peiteados, unha sala de figuración, tres salas polivalentes, dúas de controis técnicos, despachos, salas de produción, unha zona de descanso e conciliación, unha sala de instalacións, e un almacén.
“Hoxe damos un paso máis neste reto que é dotar a Galicia do maior estudo virtual audiovisual de España, que se situará nun espazo de referencia como é o da Cidade das TIC”, afirmou Formoso, que destacou que o proxecto pretende converter ao país “nun hub de produción audiovisual” e aproveitar as sinerxias co sector tecnolóxico que se producirán neste emprazamento.
Amais, engadiu que a Deputación da Coruña adxudicará antes de que remate abril o proxecto de redacción e dirección das obras. “Estamos traballando en tempo récord. O vindeiro paso xa sería a licitación por un lado das obras de construción do edificio e por outro da adquisición do equipamento dixitais necesarios para o centro”, explicou.
O reitor da UDC, Julio Abalde, afirmou que “é simbólico que a primeira instalación referente ao sector audiovisual que se realiza na Cidade das TIC sexa precisamente un plató virtual. É un exemplo claro da conexión entre o sector audiovisual e o sector tecnolóxico”, afirmou, engadindo que “para a Cidade das TIC e para a UDC é moi importante contar cunha instalación coma esta”, sostivo o reitor, que destacou a colaboración de Deputación, Concello, Universidade e Goberno de España para articular este ambicioso proxecto.
O estudo virtual permitirá crear contidos inmersivos para producións de ficción, Realidade Virtual e Aumentada, que son de aplicación nos eidos cinematográfico, televisivo, publicitario ou dos videoxogos. O proxecto conta cun orzamento total de preto de 8 millóns de euros, dos que 5.041.000 euros serán financiados polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España e o resto con fondos propios da Deputación da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?