Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pep Torres avanza que en 2024 o mundo será irrecoñecible grazas á intelixencia artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pep Torres avanza que en 2024 o mundo será irrecoñecible grazas á intelixencia artificial

S. P.
Publicado: 26/04/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

popeptorres1.jpgO consultor, creativo e inventor Pep Torres protagonizou este martes, no Campus de Pontevedra (na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte), un coloquio no marco da Semana da Creatividade e da Innovación. Director creativo da consultora Atmira, Torres afondou nos cambios que está a xerar o desenvolvemento da intelixencia artificial e que, xunto a outra serie de innovacións tecnolóxicas, provocarán que “en 2024 o mundo vaia ser irrecoñecible”.
Porén, a revolución da intelixencia artificial non se materializará sen axuda: debe contar coas achegas das persoas, usuarias e destinatarias das ferramentas intelixentes, que “somos as que temos a responsabilidade de aportar a parte de creatividade que lle falta á IA”, dixo, no marco do relatorio Revolution mind. O poder do algoritmo humano.
Enmarcada na programación impulsada polo Campus Crea, esta actividade tivo como punto de partida a propia traxectoria profesional do conferenciante, que ademais de traballar como director creativo para Everis ou NTT Data é tamén músico e ilusionista, amais de inventor. De feito, Torres impulsou entre 2011 e 2017, como “un proxecto persoal”, o Museo de Ideas e Inventos de Barcelona e unha das súas propostas, unha máquina de vending que funcionaba con pedais, formou parte en 2009 na lista dos mellores inventos do ano da revista Time.
A súa propia traxectoria profesional serviu a Torres para pór o foco na importancia que ten neste contexto unha “creatividade transversal”, perfís creativos non especializados nun ámbito concreto, senón “polifacéticos” e que poidan “achegar valor” en diferentes departamentos dunha empresa ou organización. “Eu non son publicista, nin inventor. Eu son creativo, fabrico ideas”, sostivo o conferenciante, que defendeu a importancia de potenciar perfís que non se especialicen nun único ámbito, senón que respondan a múltiples intereses. De aí que incidise na idea da “persoa renacentista, aplicada a día de hoxe”, na importancia de “perfís totalmente transversais moi creativos”, xa que son, ao seu xuízo, este tipo de profesionais con diferentes habilidades os que son capaces de “xerar colisións creativas que outros non poden facer”.
Este coloquio enmárcase na programación da Semana da Creatividade e da Innovación, na que se insiren tamén as Xornadas de Pensamento e Creación, un ciclo de conferencias, actuacións musicais e proxeccións que se desenvolverá na tarde do xoves e do venres na sede da Vicerreitoría. Organizadas coa colaboración da Aula Castelao de Filosofía e abertas ao público, estas xornadas teñen no cinema o seu eixo central e abriranse o xoves ás 18.00 horas cunha conferencia da cineasta Ángeles Huerta, cuxa última longametraxe, O Corpo Aberto, convertíase hai unhas semanas na máis película máis premiada nos Mestre Mateo, logrando entre outros os galardóns á mellor película, dirección e guión. Ás 20.00 horas, esta actividade continuará coa actuación musical de Paulo Pascual, autor da banda sonora do documental Negro Púrpura, a primeira realizada integramente cun theremín.
O venres 28, a programación continúa coa proxección, ás 19.30 horas, do documental Doe o Courel, un filme que afonda nas consecuencias que tiveron os incendios sufriu esta serra en xullo de 2022, a través das vivencia daqueles que os sufriron en primeira persoa. A película será presentada polo seu director, Xacobe Meléndrez Fassbender e tras a súa proxección, as xornadas pecharanse, ás 21.00 horas, cun concerto de Samudrá Trío, unha formación integrada pola pianista Yamini Teresa Prabhu, a violonchelista Jimena Andión e a frautista Laura Lorenzo. Recoñecida o pasado ano co Premio Martin Códax na categoría de música clásica e contemporánea, Samudrá Trío estreaba recentemente o seu primeiro disco, Odisea, que presentan como “unha viaxe musical por catro continentes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?