Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Trinta pemes van poder internacionalizar os seus produtos innovadores a través de Galicia Avanza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Trinta pemes van poder internacionalizar os seus produtos innovadores a través de Galicia Avanza

S. P.
Publicado: 26/04/2023
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

20230426-a-empresa-da-pobra-stilinea-vai-poder-internacionalizarse-coa-axuda-de-galicia-avanza.jpgO Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) acolleu este 26 de abril a presentación formal das empresas beneficiarias da segunda edición do programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas innovadoras Galicia Avanza, iniciativa activada en 2022 grazas ao traballo conxunto da Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e máis o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Na presentación participou a directora da dita axencia, Patricia Argerey, quen salientou a alta participación contabilizada nesta convocatoria, que, segundo dixo, aumentou un 43% respecto da primeira celebrada en 2022, un “dato que constata o interese polo programa e a maior competencia entre as candidatas”, engadiu. Argerey tamén apuntou que as trinta pemes seleccionadas proceden das catro provincias galegas e de sectores moi diversos como a alimentación, a saúde, a enerxía, o téxtil ou as novas tecnoloxías, entre outros.
A maiores, explicou que estes datos son “especialmente satisfactorios” para o seu departamento na medida en que cumpren cun dos obxectivos do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes que “é aumentar a base de empresas innovadoras galegas”, especialmente entre as pemes e microempresas, xa que “a innovación está ao alcance de todos, non é unha cuestión de tamaño, localización ou sector”.
20230426-a-empresa-da-pobra-stilinea-vai-poder-internacionalizarse-coa-axuda-de-galicia-avanza-1.jpg Ademais, Argerey subliñou que “apoiando a chegada ao mercado exterior de solucións innovadoras galegas contribúese a impulsar a apertura e visibilidade internacional do ecosistema galego de innovación, reforzando así o atractivo da Marca Galicia a nivel internacional no ámbito da innovación, en liña coa Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) 2021-2027”.
Ademais das empresas beneficiarias, acudiron ao evento as consultoras que as guiarán e asesorarán neste proceso ao longo dos vindeiros meses. Nesta edición, o período de implementación do programa prolóngase a 10 meses, o que permitirá afondar máis nas necesidades das empresas e intensificar a aceleración.
As pemes seleccionadas accederán a un programa integral de apoio á internacionalización entre abril deste ano e febreiro de 2024, con itinerarios personalizados. Traballarase na protección das súas marcas e deseños industriais ou intelectuais, na detección de posibles colaboracións con outras empresas, no acceso a novos segmentos de clientes, na innovación e en incrementar a atracción de financiamento externo, entre outros aspectos.
Segundo lembrou Aregerey, as pemes beneficiarias pertencen “a sectores moi diversos” e ofrecen produtos e servizos moi dispares. No eido das novas tecnoloxías seleccionouse una empresa que emprega a identificación por radiofrecuencia e a Visión Artificial para a xestión de inventarios e a rastrexabilidade das cadeas de subministración; outra que persegue internacionalizar a súa plataforma destinada a optimizar a relación entre as entidades sanitarias e as aseguradoras do eido da saúde; unha plataforma baseada na tecnoloxía de cadea de bloques (blockchain) que permite ás organizacións sen ánimo de lucro xestionar as súas doazóns de maneira dixital; unha firma que desenvolve robots limpacristais, fregasolos e robots que limpan paneis fotovoltaicos; un sistema baseado na tecnoloxía IoT (Internet das Cousas) que permite a monitoraxe das cafeteiras espresso e dos muíños de café para a canle food service; un sistema robótico para a recollida e amoreado de pezas a granel; xunto a unha plataforma web para apoiar o estudo e realización de instalacións medioambientais cun grande aforro de tempo e recursos.
20230426-a-empresa-da-pobra-stilinea-vai-poder-internacionalizarse-coa-axuda-de-galicia-avanza-2.jpg No ámbito alimentario vaise impulsar a internacionalización dunha firma que fabrica estoxos para conxelados e embalaxe para conserva de peixe; outra que quere comercializar o seu coñecemento na produción de ovos e produtos derivados do ovo; unha consultoría centrada no sector pesqueiro e agroalimentario; unha empresa que comercializa cóctels; unha firma familiar que vende polbo ultraconxelado; outra que elabora complementos alimenticios en formato gominola, sen azucre nin alérxenos, e gominolas sen azucre; ademais dunha fábrica de chocolate artesá.
No ámbito da saúde hai unha peme que desenvolve técnicas baseadas na fluorescencia para o descubrimento de novos fármacos; unha primeira plataforma-app especializada en formación e teleformación para o sector sociosanitario; así como un acumulador de auga quente sanitaria.
Varias das propostas céntranse no eido enerxético, como unha firma referente a nivel mundial na formación eólica que busca a exportación directa dos seus cursos; outra que ofrece produtos e servizos relacionados co hidróxeno verde e a súa implantación en procesos industriais actuais ou para novas aplicacións como dispensadores de hidróxeno para vehículos industriais; e outra que quere reforzar a exportación dos seus produtos de caldereiría e frío industrial.
No campo da sostibilidade, seleccionouse unha firma especializada no deseño e fabricación de cociñas orgánicas e sustentable; unha empresa dedicada á fabricación artesanal de calzado infantil, con materiais reciclados, ecolóxicos e naturais; outra que desenvolve fertilizantes minerais innovadores e sostibles; xunto a unha peme que busca internacionalizar a súa braga menstrual de baixo impacto ambiental.
Entre as beneficiarias, hai tamén unha empresa dedicada á xestión de riscos biolóxicos e á fabricación de embalaxes para o transporte de materias biolóxicas; unha tecnolóxica que busca expandir e implementar o seu sistema para a xestión da auga en Angola e Tanzania; unha empresa que deseña e elabora produtos para profesionais do viño e a restauración; unha peme que fabrica pixamas e roupa de casa; e unha consultoría que axuda ás empresas a resolver problemas ligados á perda de competitividade debida á mala saúde ou desmotivación dos seus traballadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?