A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece cursos de formación en novas tecnoloxías para o mes de maio. As prazas son limitadas e as inscricións para participar deben formalizarse no enderezo electrónico axentetic@boiro.org, no teléfono 981 84 26 35 ou no móbil 629 769 139.
Haberá unha formación de inicio á informática que se impartirá entre o 2 e o 8 de maio en horario de 10.00 a 12.30 horas; formación de inicio á Rede Internet do 9 ao 16 de maio en horario de 10.00 a 12.30 horas; e de inicio ao correo electrónico de Gmail e a nube do 22 ao 26 de maio, de 10.00 a 12.30 horas.
A Aula CeMIT do Concello de Boiro continúa a formación en novas tecnoloxías no mes de maio
Compartir Este Artigo

