Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Argerey destaca no Parlamento as oportunidades da nova Estratexia de Especialización Intelixente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Argerey destaca no Parlamento as oportunidades da nova Estratexia de Especialización Intelixente

S. P.
Publicado: 28/04/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

patricia_argerey_gain_axencia-3.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, compareceu na mañá deste 28 de abril no Parlamento de Galicia para explicar a nova folla de ruta que guiará a política de I+D+i de Galicia ata 2027: a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia. Esta estratexia, dixo, aspira a impulsar a transformación territorial de Galicia en base á I+D+i, afrontando os retos globais desde as especificidades territoriais a través dunha planificación a longo prazo consensuada a través dun amplo proceso participativo que garanta un impacto real da I+D+i e o seu efecto transformador no tecido produtivo e na sociedade.
Argerey apuntou que a finalidade da Estratexia é “facer avanzar o desenvolvemento económico de Galicia empregando a investigación e a innovación como panca tanto para mellorar a competitividade das empresas como para dar resposta ás necesidades das persoas e da sociedade”.
Neste sentido, Argerey engadiu que a RIS3 constitúe “unha oportunidade para seguir afondando na especialización intelixente de Galicia, iniciada no ano 2014 coa primeira Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (2014-2020)”. Para iso, a Estratexia identifica os retos e prioridades nos que concentrar as capacidades, esforzos e investimentos en coordinación co tecido produtivo co obxectivo de crear vantaxes competitivas mediante o desenvolvemento das fortalezas de investigación e innovación. “Isto é, identificar os ámbitos nos que Galicia é excelente para especializarse naqueles que poida ser competitiva a nivel estatal e internacional”, sinalou, apuntando que a RIS3 dá continuidade aos tres grandes retos establecidos na anterior estratexia (un modelo de xestión dos recursos naturais e culturais baseado na innovación; un modelo industrial sustentado na competitividade e o coñecemento; e un modelo de vida saudable e o envellecemento activo da poboación) e integra dun xeito transversal tres prioridades aliñadas coas da Unión Europea: a sustentabilidade, a dixitalización e o enfoque cara ás persoas.
Argerey destacou tamén que este labor de identificación “levouse a cabo a través dun amplo proceso participativo, que se manterá ao longo de toda a gobernanza da Estratexia, no que se involucraron máis de 800 representantes de 500 entidades, entre pemes, empresas tractoras, universidades, centros de coñecemento e tecnolóxicos, a Administración e a propia sociedade”. Así mesmo, informou de que todos os departamentos da Xunta con actuacións en materia de I+D+i participaron tamén a través da Comisión Interdepartamental de I+D+i para coordinar os seus instrumentos e actividades.
Argerey concluíu explicando que se trata “dunha estratexia deseñada en conxunto cos axentes do sistema galego de I+D+i, adaptada ás esixencias do contexto actual e á vontade de que Galicia siga avanzando para situarse entre as rexións máis innovadoras”. Para conseguir o devandito, céntrase nas persoas, apostando polo talento e prestando especial atención igualdade de oportunidades no ámbito da I+D+i, fortalece a excelencia da investigación e a transferencia de coñecemento como elementos vertebradores do ecosistema e posiciona a Galicia como un territorio atractivo a nivel internacional en materia de I+D+i. Ademais, a directora da Axencia Galega de Innovación destacou que se trata “dunha estratexia enfocada cara ás pemes, que constitúen máis do 99% do tecido empresarial de Galicia”. En consecuencia, a nova RIS3 impulsa de forma especial o incremento no número de empresas innovadoras. En canto ao orzamento, estímase a mobilización de preto de 5000 millóns de euros de investimento público-privado, un 170% máis que no anterior período.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?