Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O enxeñeiro informático Diego Cid recibe o Premio Iniciativa Emprendedora do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O enxeñeiro informático Diego Cid recibe o Premio Iniciativa Emprendedora do CPEIG

S. P.
Publicado: 02/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

diego_merino.jpgA gala da XV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que se celebrará o 16 de xuño en Santiago (no Hotel OCA Puerta del Camino) será o escenario no que o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) outorgará o Premio Iniciativa Emprendedora ao enxeñeiro informático, Diego Cid Merino, colexiado galego que deseñou un conxunto de aplicacións para facer máis doada a relación coa administración pública e permitir o uso de medios dixitais como o DNIe ou certificados dixitais para realizar distintas operacións directamente dende o móbil.
dehu.jpgAsí, os premios da Noite corresponden nesta edición a trece categorías onde o corpo colexial recoñece as iniciativas ou persoas máis senlleiras no eido da enxeñaría en informática. Cid Merino desenvolveu a aplicación Tr@mite que permite o acceso a multitude de trámites de distintas administracións públicas nacionais, autonómicas e locais empregando a validación con DNIe, certificado dixital, cl@ve permanente e cl@ve pin. Asemade, permite asinar documentos PDF con DNIe ou certificado dixital. Para ter máis información sobre detalles da aplicación para Android cómpre preme acceder a Google Play; no caso da app para iOS cómpre visitar a tenda de Apple.
Outro dos seus proxectos foi a aplicación Firm@, que permite asinar documentos PDF con DNIe ou certificado dixital (dispoñible para Android e tamén para iOS).
A terceira aplicación é Valid@ que permite consultar o estado e o contido dun certificado dixital ou dun DNIe, incluíndo a data de caducidade e a validación no servizo oficial da FNMT dos seus certificados (dispoñible tamén para Android e para iOS).
O fito importante que conseguiu Cid Merino nestes días é que xa é posible usar o DNIe en iOS mediante unha conexión NFC. Arestora, explica que é factible o acceso a un conxunto reducido de administracións na ferramenta Tr@mite, entre elas a Axencia Tributaria. Tamén conseguiu asinar PDF co DNIe en móbil iOS, liberando unha nova versión de Firm@ e utilizando a conexión NFC.
Achegándonos un pouco á figura de Diego Cid Merino (Ourense, 1980), dicir que é enxeñeiro en Informática pola Universidade de Vigo (UVigo no Campus de Ourense), especializado en desenvolvemento de software dende hai quince anos. Traballa como director de Proxecto, certificado PMP e SCRUM en Imatia Innovation.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?