Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago activa a tramitación en liña para a solicitude de limpeza de pintadas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago activa a tramitación en liña para a solicitude de limpeza de pintadas

S. P.
Publicado: 04/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

santiago_aplicacion_pintadas.jpgDende o Concello de Santiago de Compostela anunciaban que a partir deste xoves 4 de maio xa se pode solicitar a limpeza de pintadas e graffitis a través da sede electrónica da web municipal. Para requirir o servizo de limpeza e retirada de carteis, os/as propietarios/as deben cubrir o impreso de solicitude correspondente e presentalo a través do trámite Limpeza de pintadas na sede electrónica da web municipal ou de xeito presencial nas oficinas de rexistro permitidos ou por correo electrónico a limpezapintadas@santiagodecompostela.gal. O Concello pon tamén a disposición dos usuarios e usuarias o número de teléfono 618 509 278 para formular calquera dúbida ou consulta.
Este servizo municipal, que xa realizou máis de 300 actuacións dende a súa posta en marcha en 2021, reforza o seu equipo con 3 novas achegas grazas ao financiamento do Programa de Emprego Local da Deputación da Coruña.
Segundo o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo “a obriga de manter limpos os locais, as fachadas e os escaparates corresponde aos propietarios”, pero “desde o Concello préstase este servizo de maneira gratuíta a todas aquelas persoas que o soliciten” polo que fixo un chamamento a toda a cidadanía para contar coa súa colaboración.
Pola súa banda, o responsable do Departamento de Emprego, Xabier Ferreiro, detallou que ata o día de hoxe “uns 100 propietarios solicitaron este servizo, aínda que a limpeza dos elementos multiplícase por dous ou tres, xa que ademais da porta, pode estar afectado o portalón, os escaparates… polo que ata o momento xa se fixeron máis de 300 intervencións”. Ferreiro explicou que estas novas tres persoas que se incorporaron ao equipo “están a recibir unhas 10 peticións por semana”, aínda que se agarda “un incremento do número de solicitudes nas vindeiras semanas”.
Este servizo arrancou en outubro de 2021 cun plan piloto que abranguía toda a cidade histórica, e que estendeu as súas intervencións a toda a cidade en agosto de 2022.
Engadir que a mellora e reforzo deste servizo, posto en marcha polo Departamento de Emprego do Concello de Santiago, está subvencionado integramente pola Deputación Provincial da Coruña, no marco do Programa de Axudas á Contratación de Persoal para a execución de Obras e Servizos Municipais (PEL-CONCELLOS) para o ano 2023.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?