
A elas uníronse máis de 200 vivendas nestes primeiros días de maio para sumar un total próximo a 300 familias da Pobra do Brollón que acceden a fibra óptica por primeira vez. Residentes, por certo, en áreas do municipio que carecían de conexión a Internet en pleno ano 2023.
Estes datos foron compartidos por David Llano, responsable do operador en Galicia, nunha xuntanza do rexedor do concello, Xosé Lois Maceda, a quen explicou os detalles sobre o novo equipamento e como marchan as operacións nun encontro celebrado a semana pasada. O alcalde, ademais de celebrar o aceso da fibra óptica en varias zonas da Pobra do Brollón, impulsou o desenvolvemento da infraestrutura tanto concedendo os permisos pertinentes con axilidade como facilitando en todo momento o labor dos técnicos. Á reunión tamén acudiu Roger Molins, de Mattelco, partner de Adamo.
Servizo Ola, veciño!
Co obxectivo de dotar de conexión de calidade aos sitios máis apartados, Adamo dispón dunha práctica ferramenta: Ola, veciño! Trátase dun formulario que se pode encher na web da empresa e que permite a Adamo avisar ao interesado en canto a fibra chegue ao seu fogar. Así mesmo, pódese acceder á web da empresa para que un teleoperador da compañía se poña contacto co cliente, que tamén pode marcar o 1600 para recibir información e/ou contratar produtos.
Cabe lembrar que A Pobra do Brollón forma parte dun ambicioso plan de expansión de Adamo na provincia de Lugo, unha folla de ruta que acumula máis de 70.000 vivendas cableadas en 35 concellos lucenses desde mediados de 2018. Para sufragar tal actuacións, Adamo investiu 20 millóns de euros e contratou a 300 traballadores locais en enxeñería, despregadura, mantemento e comercialización.
Segundo confirmou a empresa, o proceso de crecemento prosegue, xa que resultou adxudicataria da última convocatoria de axudas estatais e comunitarias para a instalación desta infraestrutura no territorio. En virtude do orzamento público-privado resultante do Programa Único, de 17,5 millóns, Adamo levará Internet de alta velocidade a 33.000 fogares rurais de Lugo entre 2023 e 2024 para sumar máis de 100.000 inmobles conectados á súa rede de alta velocidade no conxunto da provincia.
Preto de 300 familias da Pobra do Brollón estrean a fibra óptica de Adamo
Compartir Este Artigo

