Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia acada o nivel de Europa en canto a conectividade e uso da Rede segundo un informe de Fundación Telefónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia acada o nivel de Europa en canto a conectividade e uso da Rede segundo un informe de Fundación Telefónica

S. P.
Publicado: 05/05/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

sociedade_dixital_telefonica_informe.jpgSegundo o informe publicado pola Fundación Telefónica, A Sociedade Dixital en España 2023 máis da metade (50,5%) dos galegos merca xa por Internet de xeito habitual, un dato que reflicte o imparable crecemento da venda en liña en Galicia e, en xeral, do uso das ferramentas dixitais e da conectividade entre a poboación da nosa comunidade autónoma.
O dito informe deixa ver unha Galicia cun alto grao de conectividade, na que o 93,4% da poboación ten acceso a Internet e na que se produciu un incremento significativo (do 4,8%) da porcentaxe de vivendas con banda ancha fixa, que acada xa o 77,8%.
Galicia xa está aliñada con Europa nos principais cocientes de conectividade e uso de Internet. O 97,5% da poboación emprega Internet de maneira regular, só medio punto por baixo da media europea. Entre os menores de 10 a 15 anos, o 95,6% usa Internet de xeito habitual, un 7% máis que a media española, e medra de xeito significativo (un 5,2% máis que en 2021), os menores que teñen teléfono móbil, chegando ao 63,9%.
En canto aos servizos empregados vía Internet pola poboación en xeral, os que máis aumentaron son as chamadas e videochamadas (5% de incremento, e usado polo 71,7% da poboación) e a procura de información, que medrou un 7,6% e úsaa xa o 76,7% da poboación. O 74% dos galegos merca roupa en liña e increméntase moito (un 7,8%) a porcentaxe de poboación galega que pide comida a domicilio, un 43,5%.
De falarmos das empresas galegas, estas alíñanse tamén con Europa, e superan nalgúns parámetros á media española. É o caso do acceso a Internet mediante banda ancha móbil mediante 3G ou superior, que aumentou en só un ano (o 9,5% máis), e que chega xa ao 87% das empresas, o 4,2% máis que a media española.
Asemade, medra tamén (un 3,1%) o número de empresas que emprega a mulleres especialistas no sector TIC, xa o 46,2%, e comezan a introducirse as altas tecnoloxías aplicadas aos procesos de produción, cun 11,4% que usa Big Data e un 10,9% que se serve da Intelixencia Artificial (IA). Galicia atópase entre as comunidades autónomas cunha porcentaxe máis alta de empresas que reciclan equipos TIC.
No caso de España, avanza a bo ritmo no seu proceso de transformación dixital e é líder en termos de conectividade. O Índice da Economía e a Sociedade Dixitais (DESI) que elabora anualmente a Comisión Europea situaba ao noso país en 2022 no posto número sete dentro da listaxe dos Estados membros, dous postos máis arriba que en 2021. Só é superada neste ámbito por Finlandia, Dinamarca, Países Baixos, Suecia, Irlanda e Malta.
España é un país que dispón dunha dotación de infraestruturas moi avanzada, tanto en relación cos países europeos, como no marco da OCDE, grazas á súa temperá aposta pola fibra óptica na pasada década e ao rápido despregamento do estándar de telefonía móbil 5G que está a levar a cabo nestes últimos anos.
Na nosa contorna europea produciuse un notable avance da fibra, cunha cobertura do 70,2% no conxunto da UE. España sitúase en cuarta posición cunha cobertura do 93,8%, superada unicamente por Malta, Luxemburgo e Dinamarca.
Para máis información cómpre visitar a web da Fundación Telefónica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?