Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Maker Faire Galicia avanza os primeiros contidos para o seu novena edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Maker Faire Galicia avanza os primeiros contidos para o seu novena edición

S. P.
Publicado: 05/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

imx_maker_fa0130-d7a3a.jpgA feira Maker Faire Galicia, que se celebrará do 1 ao 4 de xuño, en formato híbrido, no Museo Gaiás da Cidade da Cultura, recibiu finalmente 70 proxectos nacionais e internacionais, os canles iranse desvelando nas próximas semanas na web do evento. De feito, a organización comezou a avanzar algún dos contidos máis destacados das xornadas. Nelas haberá referentes mundiais (e estatais e por suposto galegos) nos ámbitos da educación STEAM, a Intelixencia Artificial, a arte, os videoxogos, a biotecnoloxía, a enerxía, a divulgación científica ou a innovación inclusiva.
A xornada de Industria, que será o 1 de xuño en horario de mañá e tarde, contará entre outros coa presenza de Dimitris Petrotos, arquitecto grego, fundador de Solomon Ears e 3dsGR, inventor do taboleiro de 11 mm, o Medusa Bungaló e creador da Laddroller, unha cadeira de rodas eléctrica como resultado dun híbrido entre un exoesqueleto e unha cadeira de rodas. Ademais de Dimitris, esta xornada completarase con dúas mesas, unha sobre IA e outra sobre biotecnoloxía, e pecharase coa presentación dun proxecto “moi ilusionante no ámbito da enerxía”, en palabras da organización da feira (Vermis en colaboración co Concello de Santiago).
A xornada específica dedicada ao ámbito da educación, programada para o 2 de xuño, contará entre outros coa presenza de Samu, un maker de 13 anos de Gondomar coñecido como o príncipe do grafiti, e a divulgadora científica Eva Cabanelas. Ademais deles celebrarase unha mesa no ámbito da inclusión, con varios referentes a nivel nacional, así como a presentación dun dos proxectos IoT (Internet das Cousas), realizado por alumnos, máis destacado e máis premiado dos últimos anos.

Eva Cabanelas
Eva Cabanelas
Durante as xornadas abertas, que se celebrarán o 3 e 4 de xuño e estarán dirixidas a todos os públicos, ademais de poder interactuar cos mellores proxectos do ecosistema maker a nivel internacional, celebraranse numerosas charlas e obradoiros, os cales serán desvelados progresivamente pola organización.
Entre os contidos máis destacados deste ano estará a segunda edición do Hackathon de tecnoloxías de apoio, a cuarta edición da Game Maker JAM ou os talleres STEAM a cargo de VermisLAB.
O rexistro de asistentes para acceder aos contidos online xa está aberto e é totalmente gratuíto na web da feira.
A 9a edición da Maker Faire Galicia conta co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, a Fundación Cidade da Cultura, a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e o Círculo Financeiro de Galicia e realízase coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia e Innovación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?