Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medra en Galicia a capacidade para xerar vocacións tecnolóxicas e reter talento dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medra en Galicia a capacidade para xerar vocacións tecnolóxicas e reter talento dixital

S. P.
Publicado: 08/05/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

computador_usuario_portatil.jpgO Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA) publicou un estudo sobre a traxectoria profesional dos perfís STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática) na nosa Comunidade. No informe achégase unha manchea de datos de interese que confirman e corroboran a gráfica ascendente da dita traxectoria. No estudo Talento dixital estudo da traxectoria profesional dos perfís STEM de Galicia. Edición 2023 dise entre outras cousas que a porcentaxe de persoas matriculadas neste tipo de carreiras no Sistema Universitario Galego incrementouse un 3,6% en dous anos e preto do 80% dos titulados neste área seguen a traballar en Galicia cinco anos despois de rematar os seus estudos.
Como dixemos, o informe foi elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA), da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que analiza a evolución destes perfís profesionais durante o período 2019-2023.
Os datos sinalan que “Galicia está a incrementar a súa capacidade para xerar vocacións tecnolóxicas e tamén para reter talento”. Deste xeito, en dous anos o número de persoas matriculadas en carreiras STEM pasou de 12.996 matriculacións a 13.469. Ademais, preto do 80% das persoas tituladas en carreiras STEM está a traballar en Galicia aos cinco anos de finalizar os seus estudos. A porcentaxe de titulados neste área que optan por traballar fóra de Galicia nos cinco primeiros anos da súa traxectoria laboral pasou do 24,7% no 2019 ao 20,3% no 2021. Ademais, o informe apunta a que os egresados en STEM presentan un alto grao de satisfacción cos estudos universitarios e máis do 90% volvería a cursar a mesma titulación.
Fenda dixital aínda presente
Na investigación tamén se fai saber que a fenda dixital de xénero segue presente nos estudos STEM e é especialmente acusada na FP, na que as mulleres só representan o 12,4% do alumnado. No Bacharelato o 47,5% do alumnado de Ciencias e tecnoloxía son mulleres pero na universidade esta porcentaxe quédase no 34% a pesares de que en ambas etapas formativas as mulleres son, globalmente, máis do 55% do alumnado.
Por titulacións, as mulleres son minoría nas carreiras de enxeñerías e tecnolóxicas (Informática, Industrial e Telecomunicacións). “Son maioría nas Ciencias Naturais e en Matemáticas partían dunha situación igualitaria pero van perdendo peso no alumnado a medida que neste grao é máis difundida a súa relación coas tecnoloxías da información”, engádese.
Inserción laboral e sectores
Respecto ao nivel de inserción laboral, o estudo sinala que o 87% das persoas tituladas na área STEM en Galicia está traballando aos cinco anos de titularse, cun crecemento do 4,1% respecto a dous anos antes. Resulta salientable que a inserción laboral das mulleres acada o 87,3% e supera lixeiramente á dos homes 86,6%.
Por outra banda, o tempo para acadar un posto de traballo entre os universitarios STEM en traballos relacionados reduciuse en máis de mes e medio.
O estudo reflicte tamén “a aceleración da dixitalización no tecido produtivo e o aumento da demanda de tecnólogos e científicos en todos os sectores”. Con todo, o sector TIC é a principal fonte de emprego para as persoas tituladas STEM (23,8%) seguido pola industria non TIC (16%) e as empresas non TIC de enxeñaría e servizos a empresas (13%). En cuarto lugar o sector público (administración xeral, educación e sanitaria) emprega ao 12,6% de egresados.
Funcións actuais
As principais tarefas relacionadas coas tecnolóxicas máis disruptivas que están a desenvolver titulados STEM son mobilidade, tecnoloxías na nube (Cloud), análise de datos masivos (Big Data), ciberseguridade, Intelixencia Artificial, tecnoloxías verdes, Internet das Cousas e biotecnoloxía.
A estes roles súmanse as ocupacións máis “tradicionais” de titulados STEM como estratexia e xestión do negocio no sector TIC, programación, desenvolvemento web e administración de sistemas, mantemento e xestión de redes, webs e sistemas informáticos e docencia en materias STEM.
As ocupacións emerxentes ou relacionadas con tecnoloxías disruptivas que máis aparecen na descrición dos empregos dos STEM son nos ámbitos de análise e ciencia de datos, biotecnoloxía e medio ambiente.
Demanda de persoal con titulación STEM no sector TIC
Na investigación explícase tamén que o 81,1% das empresas TIC que ofertan emprego para titulados STEM, indican que “cubrir estes postos é difícil ou moi difícil”. En canto aos perfís concretos do persoal que demanda o sector TIC, máis do 48% das empresas TIC de Galicia busca perfís relacionados coa programación, desenvolvemento de aplicacións e desenvolvedores de software en xeral; máis do 20% busca profesionais relacionados coas tecnoloxías cloud, a xestión do dato e a ciberseguridade; e máis dun 18% das empresas tecnolóxicas están demandando na actualidade perfís con coñecementos en Intelixencia Artificial.
Os resultados detallados do informe están dispoñibles na web www.osimga.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?