Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Coworking CCompostela ofrece formación gratuíta en crecemento e dixitalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Coworking CCompostela ofrece formación gratuíta en crecemento e dixitalización

S. P.
Publicado: 08/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

coworking_compostela.jpgO Coworking Dixital CCompostela, financiado nun 80% polos fondos europeos FEDER que xestiona a Fundación INCYDE e nun 20% pola Deputación da Coruña, desenvolverá cinco formacións sobre dixitalización das empresas entre as pemes e os emprendedores que queiran incorporar a dixitalización na súa estratexia de negocio para mellorar a súa competitividade. A formación impartirase ao longo do mes de maio sen custo algún para os usuarios.
Tentaranse resolver cuestións sobre como integrar transformación dixital no negocio, por onde comezar, como levar a cabo un proceso de transformación ou canto será preciso investir. Para resolver estas e outras dúbidas, sinala Rosa Cardeso, secretaria xeral da Cámara de Santiago, “deseñamos un amplo programa formativo, onde os participantes, ademais de formación teórico-práctica, recibirán asesoramento ad hoc durante todo o proceso”.
Para asistir a estas formacións é imprescindible a inscrición en cada un dos cursos que se poderán realizar a través da web do Coworking.
Asesoramento personalizado
coworking_compostla_bootcamp.jpg As persoas participantes coñecerán os beneficios da transformación dixital como panca de mellora da competitividade, mediante a incorporación de diferentes tecnoloxías. Traballarán coa ferramenta Dixital Journey Map e poderán incorporar a dixitalización na actividade da súa empresa. Ademais, desenvolveranse dous talleres con ferramentas dixitais avanzadas. O primeiro está centrado no modelo de negocio no emprendemento dixital analizando o mercado, a proposta de valor diferencial, as canles de distribución ou a estrutura de custos mediante a ferramenta dixital Business Model Canvas. No segundo obradoiro, os participantes experimentarán con diferentes tipos de impresoras 3D e materiais de impresión.
A empresa tecnolóxica Wapping asesorará a empresas e emprendedores no coñecemento do cliente, a fidelización e a experiencia de compra personalizada. Explicarán como a análise da información a gran escala (Big Data) a mercadotecnia móbil axudan a mellorar a experiencia de compra e incrementan o mantemento e a captación de clientes. Por último, traballarase a proposta de valor no emprendemento tecnolóxico-dixital en todas áreas e obter así un posicionamento diferencial no mercado. Os profesionais que impartirán a formación teñen ampla experiencia en transformación dixital: Pablo López, Tania Aira, José Manuel Maseda e Álvaro Rey Rodríguez.
coworking_compostla_xornada_de_introduccion_vision_artificial.jpg O Coworking Dixital CCompostela é unha iniciativa da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, financiada a través da Fundación INCYDE das Cámaras de Comercio e da Deputación provincial da Coruña para impulsar a dixitalización de máis de 350 empresas en 2023 cun investimento de 300.000 euros. Forma parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña e ofrece un espazo de traballo colaborativo con equipamento tecnolóxico e programas específicos de acompañamento, incubación e aceleración de empresas e máis de 40 actividades que se realizarán en Santiago e 32 municipios do sur da provincia da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?