Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Eduard Martín, CIO da Fundación Mobile World Capital Barcelona, recibirá o premio Traxectoria Profesional do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Eduard Martín, CIO da Fundación Mobile World Capital Barcelona, recibirá o premio Traxectoria Profesional do CPEIG

S. P.
Publicado: 09/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

eduard_martin.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vai entregar o Premio Traxectoria Profesional ao enxeñeiro en informático Eduard Martín “pola súa traxectoria de máis de 30 anos liderando iniciativas e proxectos en organizacións de vangarda, de carácter público e privado, e polo seu traballo incansable na defensa da profesión de Enxeñaría en Informática, como se demostrou, por exemplo, co seu posto de decano ao fronte do Col·legi Oficial d”Enginyeria Informàtica de Catalunya”. O galardón concederase na XV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 16 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago.
Eduard Martín Lineros (Barcelona, 1965) é CIO (responsable dos sistemas e das tecnoloxías da información) e director de Conectividade Intelixente da Fundación Mobile World Capital Barcelona desde xaneiro de 2019, onde impulsou o Observatorio Nacional de 5G, a iniciativa 5G Barcelona e os proxectos tecnolóxicos da Mobile World Capital Barcelona. “O obxectivo é converter Barcelona, Cataluña e España nun dos hubs dixitais máis importantes do mundo. Impulsamos a evolución, a despregadura e desenvolvemento da tecnoloxía 5G para mellorar a calidade de vida das persoas”, expilca.
Eduard Martín é enxeñeiro en Informática e enxeñeiro técnico en Informática de Sistemas pola Universitat Oberta de Catalunya (UOC), e diplomado en Tecnoloxías da Información por Cambridge (UCLES). Posúe un certificado en xestión da innovación pola IESE Business School e conta cunha experiencia de máis de 30 anos no sector TIC, tanto no ámbito público como no privado.
Con relación a súa traxectoria profesional, Martín traballou durante máis de 27 anos para o Ayuntamiento de Barcelona, sendo finalmente director de Innovación, Sociedade do Coñecemento e Arquitecturas TIC. Máis tarde, incorporouse a Sopra Steria, unha consultora internacional enfocada na transformación dixital, na que ocupou o cargo de director de Cidades Intelixentes e Estratexia para o sector público durante dous anos alternando esta actividade coa de profesor colaborador en varias universidades (Universitat Oberta de Catalunya, Universitat Politècnica de Catalunya e Universitat de Lleida). Ademais, foi decano do Col·legi Oficial d”Enginyeria Informàtica de Catalunya desde abril de 2016 ata abril de 2023 e, actualmente, é presidente da Asociación de Profesionais das TIC de Cataluña, entre outros cargos de importancia en asociacións profesionais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?